Consuelo Gil Roësset, que tras o seu matrimonio engadiu de Franco, nada en Madrid en 1905 e finada na mesma cidade o 26 de setembro de 1995, foi unha editora española. Entre as revistas que produciu destacan Chicos (1938-1955), Mis Chicas (1941-1950) ou El Gran Chicos (1945-1950). Foi tamén directora da revista Mujer e creou a Editorial Gilsa. Era irmá da escultora Margarita Gil Roësset, considerada membro da Xeración do 27, e sobriña da pintora María Roësset Mosquera.

Traxectoria Filla do enxeñeiro militar Julián Gil Clemente e de Cecilia Margot Roësset Mosquera, «preocupáronse de que as súas fillas recibisen unha educación o máis completa posíbel, máis parecida á que recibían os nenos da época que á que se lles ofrecía ás nenas.» Amais de Consuelo (1905) e Marga (1908) tiveron outros dous fillos, Pedro (1910) e Enrique (1912). As fillas estudaron nas Ursulinas e aprenderon piano, violín e francés, segundo os canons educativos da época.

Con seis anos empezou a aprender debuxo e pintura con José María López Mezquita. Polas tardes, xunto á súa irmá Margarita, o pai impartíalles clases de física e matemática na casa. Coa axuda das ilustracións da súa irmá, con trece anos xa publicara El niño de oro en Madrid e "Rose des Bois en París.

En 1926 contraeu matrimonio con José María Franco Bordons, músico e compositor. Escribiu poemas que el musicou como Canciones de niños.

Sendo xa nai, estudou na Universidade Central de Madrid e foi «unha das poucas mulleres universitarias da época». Converteuse en catedrática de inglés e impartiu clases nesa mesma universidade. Tamén traduciu varias obras do inglés e do francés.

Actividade editorial Pouco antes de estalar a Guerra civil española, Gil trasladárase a Donostia cos seus tres fillos de veraneo. Alí centralizouse a produción editorial da zona sublevada. Colaborou en La Ametralladora e en PelayosMartín (02/1968), p. 64. e dirixiu a revista Mujer.

En 1938 fundou, xunto co empresario catalán Juan Baygual, a revista Chicos. Amais de dirixila, levaba as seccións de correspondencia co público lector, El Club de Chicos e Mis Chicas, as cales asinaba cos pseudónimos de L. de Villadiego e Madriña.Martín (02/1968), pp. 71 a 72. Lanzou logo a publicación Mis Chicas, a primeira revista para nenas da posguerra, amais de Chiquitito (1942) e El Gran Chicos (1945).Martín (03/1968), pp. 131 a 132 Porén, posteriormente centrouse en Chicas, dirixida a lectoras de máis idade.

En 1942, cando se puido recuperar a propiedade privada, creou a Editorial Gilsa (Consuelo Gil S.A.). Comprou a revista Chicos e desde ela xestionou a edición de moitas destas publicacións e doutras novas. Incorporou a cor e mantivo no cadro de persoal a Emilio Freixas, quen chegara en 1939 e permaneceu dez anos na revista. Máis adiante incorporou a Jesús Blasco e aos seus irmáns Alejandro e Pilar. En 1945 entra na editora Mariano Zaragüeta:

Terminada a guerra volveu a Madrid onde impartiu clases no Instituto Lope de Vega. Mostrou «grande interese pola pedagoxía infantil, e logo se deu de conta da importancia da banda deseñada como ferramenta de apoio á educación dos máis pequenos».

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1995 Categoría:Editores