Medio dólar do sesquicentenario dos EEUU "½ Dollar Sesquicentennial of American Independence". Numista.com"Sesquicentennial of American Independence Half Dollar". United States Mint.140x140px140x140pxA/: Bustos de G. Washington e de C. C. Coolidge. Lendas: ✿ LIBERTY ✿ IN GOD WE TRUST / UNITED ·STATES · OF · AMERICA.R/: Campá da Liberdade. Lendas: SESQUICENTENNIAL · OF · AMERICAN · INDEPENDENCE / E · PLURIBUS · UNUM / 1776 / 1926 / · HALF · DOLLARั· Datas: 1926. Ceca: Ceca de Filadelfia. Gravador: John J. Sinnock. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 1.000.528 pezas (delas fundíronse 859.408) Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,5 g. Canto: estriado.
As moedas do sesquicentenario da independencia dos Estados Unidos son unha serie numismática emitida en 1926 consistente nunha peza de medio dólar de prata e outra de 2½ dólares de ouro, para conmemorar o 150 aniversario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América en 1776.
Ambas as moedas foron emitidas pola US Mint e cuñadas na Ceca de Filadelfia.
En virtude dunha lei de marzo de 1925 do Congreso dos Estados Unidos, pola que se constituíu a Comisión Nacional de Exposicións do Sesquicentenario, permitíuselle tamén a esta entidade a adquisición dun millón de moedas de medio dólar de prata e de 200.000 exemplares da moeda de ouro de 2½ especialmente deseñados para o acontecemento, que poderían despois venderse ao público cunha prima. A Comisión tivo problemas para acordar un deseño co gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, John R. Sinnock, polo que se lle pediu ao avogado, mecenas e numismático John Frederick Lewis (1860-1932) que presentase os seus esbozos.Nota biográfica sobvre John Frederick Lewis. En Commemorative Coins of the United States. Professional Coin Grading Service. Estes foron adaptados posteriormente por Sinnock, sen recoñecer a figura de Lewis, cuxa participación se descoñeceu durante catro décadas.
Ambas as moedas cuñáronse na cantidade máxima de exemplares autorizada, aínda que, ao non se vender na súa totalidade, unha parte importante da tiraxe foi devolta para a súa refundición na casa da moeda.
No anverso da moeda de medio dólar figuran os bustos do primeiro presidente, George Washington, e do presidente en exercicio na data de emisión, Calvin Coolidge, o que a converte na primeira moeda dos EEUU na que se representa un presidente en vida.
A campá do reverso deste medio dólar foi reutilizada por Sinnock —novamente sen recoñecer o mérito de Lewis— no deseño doutra moeda de medio dólar que emitiu por vez primeira en 1948.
2½ dólares do sesquicentenario dos EEUU "2½ Dollars Independence". Numista.com"Sesquicentennial of American Independence Quarter Eagle". United States Mint.120x120px120x120pxA/: A Liberdade en pé sobre o globo terráqueo, co pergamiño da Declaración de Independencia na man dereita e un facho prendido na esquerda. Lendas: UNITED · STATES OF · AMERICA / 1926 / 1776 / LIBERTY.R/: Independence Hall. Lendas: SESQUICENTENNIAL · OF AMERICAN · INDEPENDENCE / IN GOD / WE TRUST / E PLURIBUS UNUM / 2 ½ DOLLARSั. Marca de gravador (JRS). Datas: 1926. Ceca: Ceca de Filadelfia. Gravador: John J. Sinnock. Aliaxe: ouro (900 milésimas). Tiraxe total: 200.226 pezas (delas fundíronse 154.207). Diámetro: 18,00 mm. Peso: 4,18 g. Canto: estriado.
Inicio A iniciativa lexislativa para a creación dunha emisión monetaria conmemorativa da independencia dos Estados Unidos presentouse en nome da Comisión nacional da Exposición do Sesquicentenario dos Estados Unidos, encargada de organizar a coñecida como Exposición do Sesquicentenario en Filadelfia. Na lei do 3 de marzo de 1925, o Congreso dos EEUU constituíu a Comisión e autorizou a cuñaxe dun millón de moedas de medio dólar e de 200.000 moedas de dous dólares e medio, conmemorativas do 150 aniversario da independencia dos Estados Unidos. Estas moedas deberíanselle vender unicamente á Comisión ao seu valor nominal, para que despois esta as vendese ao público cunha prima,Flynn, K. (2008). Páxinas 350-351. e poder deste xeito sufragar os gastos da exposición cos beneficios xerados."American Independence Sesquicentennial Commemorative Coin Legislation". United Staes Mint.Flynn, K. (2008). Páxina 223. esquerda|miniatura|245x245px|O congresista por Pensilvania George P. Darrow, un dos impulsores da lei pola que se crearon as moedas conmemorativas do sesquicentenario da independencia dos EEUU. A versión orixinal do proxecto de lei foi presentada o 16 de febreiro de 1925 na Cámara de Representantes polo congresista de Pensilvania George P. Darrow, e no Senado polo senador do mesmo Estado George W. Pepper, e nel prevíase inicialmente unha moeda de ouro de 1,50 dólares outra de prata de medio dólar para o 150 aniversario, e un billete dun dólar na honra da Declaración de Independencia."H. J. Res. 357". United States House of Representatives. 16 de febreiro de 1925. Páxina 3.919."S. J. Res. 187". United States House of Representatives. 16 de febreiro de 1925. Páxina 3.789.
Dous días despois tivo lugar unha comparecencia ante o Comité de Artes Industriais e Exposicións da Cámara de Representantes, na que o congresista Darrow predixo que as moedas dun dólar e medio non contarían coa oposición nin do Tesouro nin da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas,"Hearings of the Committee on Industrial Arts and Expositions on H. J. Res. 357". United States House of Representatives. 18 de febreiro de 1925. Páxinas 9-10. aínda que se equivocou, xa que o secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, acabou por non apoiala.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 76. A Comisión tamén esperaba contar con conmemoracións da ampliación do país mediante a compra de Luisiana e a anexión de Texas, mais estas non se incluíron na versión final aprobada do proxecto de lei.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 225-226. Así e todo, a Comisión seguiu tratando de que o Congreso aprobase a peza de 1,50 dólares e as demais conmemorativas propostas, polo menos ata agosto de 1925.Taxay, D. (1967). Páxinas 111-112.
En maio, H. P. Caemmerer, secretario da Comisión de Belas Artes, o organismo encargado de facer as recomendacións pertinentes antes da aprobación dos deseños das moedas, escribiu á Comisión do Sesquicentenario para se interesar polo que esta pretendía facer coas moedas. Ao non recibir resposta, escribiu novamente a finais de agosto, esta vez a Milton Medary, membro da Comisión de Belas Artes, para lle preguntar que progresos se fixeran ao respecto. Medary contestou que a Comisión do Sesquicentenario estaba xa en contacto co novo gravador xefe da Casa da Moeda, John R. Sinnock —o seu predecesor, George T. Morgan, morrera en xaneiro—, pero que Sinnock aínda non presentara uns deseños satisfactorios.Taxay, D. (1967). Páxina 111.
Aparentemente insatisfeita co traballo de Sinnock, a Comisión do Sesquicentenario contratou a John Frederick Lewis para a creación dos deseños. Lewis, que presidía a Academia de Belas Artes de Pensilvania desde 1906,Goodyear, Frank H. Jr. "A History of the Pennsylvania Academy of the Fine Arts, 1805-1976". era máis coñecido como numismático que como artista.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 226.Flynn, K. (2008). Páxina 169. O 8 de decembro de 1925, o director desta comisión, Asher C. Baker, presentoulle ao presidente da Comisión de Belas Artes, Charles Mooere, os bosquexos de Lewis, que se parecían xa bastante ao resultado finalmente cuñado. Baker referiuse aos deseños de Lewis para "as moedas" —en plural", o que pode implicar que tamén presentara esbozos para a moeda de dous dólares e medio, aínda que, de ser así, a Comisión de Belas Artes non lles deu curso e hoxe non se conservan.Taxay, D. (1967). Páxina 112. Os deseños do medio dólar foron aprobados pola Comisión de Belas Artes coa condición de que os esbozos fosen convertidos en modelos por un escultor competente, e Moore enviounos o 11 de decembro ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert J. Grant. Os modelos de xeso resultantes, feitos por Sinnock, foron presentados á Comisión de Belas Artes o 13 de marzo de 1926 e, sen dúbida, foron aprobados, aínda que a carta de aprobación non se conserva.
Os esbozos de Sinnock para a moeda de ouro de dous dólares e medio enviáronse á Comisión de Belas Artes o 27 de febreiro de 1926, dirixidos a un dos seus membros, o escultor Lorado Taft, para que dese a súa opinión. Moore enviou a aprobación da súa comisión a Grant o 26 de marzo con varias recomendacións, entre elas que se omitise o lema E LURIBUS UNUM, presente no anverso dos esbozos de Sinnock, así como os raios de Sol do reverso. En abril aprobáronse os modelos, tamén con pequenas suxestións.Taxay, D. (1967). Páxinas 112, 117.
Deseño
Medio dólar de prata miniatura|160x160px|A "Campá da Liberdade Luminosa" de Filadelfia, cuns 24 metros de alto, creada en 1926 por Frank C. English & Sons para a Exposición do Sesquicentenario.Austin, E. L.; Odell Hauser (1926). The Sesqui-Centennial International Exposition". Current Publications, Filadelfia, Páxina 67. No anverso do medio dólar aparecen os bustos pegados de George Washington, o primeiro presidente dos Estados Unidos, e de Calvin Coolidge, quen ocupaba o cargo en 1926. Consonte os investigadores numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen, "ambos eran erróneos; Washington non era o presidente do Congreso Continental en 1776 e a imaxe de Coolidge era ilegal, xa que en virtude dunha lei do Congreso de 1866 ningunha persoa viva podía ser retratada en moedas nin en billetes dos Estados Unidos. Mais a lei fora violada en diferentes ocasións e volvería selo".Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 221. Aínda que Sinnock non creara previamente moeda ningunha coa imaxe dun presidente, si que o fixera con medallas presidenciais, baixo a dirección do gravador xefe Morgan.Vermeule, C. (1971). Páxina 171. Outros estadounidenses vivos, como o senador por Virxinia Carter Glass, apareceron en moedas conmemorativas, mais Coolidge foi o único presidente que aparece nunha moeda estadounidense estando vivo.
A Campá da Liberdade que se amosa no reverso do medio dólar converte esta moeda como a primeira dese país que leva publicidade privada, xa que amosa o texto Pass and Stow na campá, pola desaparecida sociedade constituída por John Pass e John Stow, que refundiron a campá logo de que rompera inicialmente en.Swiatek, A. (2012). Páxinas 186-187. Flynn, K. (2008). Páxina 168. As iniciais de Sinnock, JRS, están tamén no reverso, onde se trunca o busto de Washington.Swiatek, A. (2012). Páxina 186.
2½ dólares de ouro miniatura|160x160px|O posterior medio dólar do bicentenario (1976) garda semellanza coa moeda de 2½ dólares do sesquicentenario. Swiatek e Breen describen o anverso da moeda de ouro de dous dólares e medio como "moi Art Déco". Nel aparece a Liberdade en pé sobre un globo terráqueo, cun píleo na cabeza, sostendo coa súa man dereita un pergamiño que representa a Declaración de Independencia dos Estados Unidos e coa esquerda un facho, que probablemente queira lembrar a Estatua da Liberdade. No reverso represéntase o Independence Hall, o lugar onde se asinou a declaración de independencia, co Sol nacente atrás. Á dereita, sobre a á dereita do edificio, están as iniciais de Sinnock como gravador.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 221-222. Para Bowers, a representación do Independence Hall lembra moito a do coñecido como "medio dólar do bicentenario", cuñado medio século despois.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 643. Como non se ven as agullas do reloxo do campanario do edificio, na moeda de 2½ dólares non é posible apreciar a hora, en tanto que no medio dólar do bicentenario se ve que marca as tres en punto.Swiatek, A. (2012). Páxina 192.
Valoracións do deseño