miniatura|240px|Adolfus jacksoni macho. Vistas anterior e posterior, e cabeza de perfil

Adolfus é un xénero de réptiles escamosos da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.

O xénero é endémico da África subsahariana.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1912 polo herpetólogo xudeu-alemán Richard Sternfeld.Adolfus Sternfeld, 1912 no GBIF. Consultado o 21 de setembro de 2021.Adolfus Sternfeld, 1912 na BioLib. Consultada o 21 de setembro de 2021.

Etimoloxía O nome científico Adolfus, foi unha homenaxe a Adolfo Frederico de Mecklemburgo, explorador alemán en África e político colonoial.Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Genus Adolfus, p. 2).

Especies Na actualidade recoñécense no xénero a seguintes seis especies: Adolfus africanus (Boulenger, 1906) Adolfus alleni (Barbour, 1914) Adolfus jacksoni (Boulenger, 1899) Adolfus kibonotensis (Lönnberg, 1907) Adolfus masavaensis Wagner, Greenbaum & Branch, 2014 Adolfus mathewsensis Greenbaum, Dowell-Beer, Hughes, Wagner, Anderson, Villanueva, Malonza, Kusamba, Aristote & Branch, 2018

Hábitat As especies de Adolfus habitan en bosques e prados. Adolfus jacksoni habita tamén en ambientes urbanos. Adolfus alleni rexistrouse até 4 500 m sobre o nivel do mar.

Catacterísticas As especies do xénero Adolfus adoitan seren lacértidos relativamente grandes, xa que miden entre os 55 e os 84 mm de lonxitude desde o fociño até a abertura posterior da fenda cloacal, excepto Adolfus masavaensis, que é moito máis pequeno, xa que mide só de 39 a 56 mm.

A cola é cilíndrica, sen franxas laterais, e relativamente longa, unhas 1,7-2 veces da lonxitude citada.

Non presentan dimorfismo sexual.

En Adolfus jacksoni o tamaño da posta é de 3 a 5 ovos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Greenbaum, E.; Villanueva, C. O.; Kusamba, C.; Aristote, M. M. & Branch, W. R. (2011): "A molecular phylogeny of Equatorial African Lacertidae, with the description of a new genus and species from eastern Democratic Republic of the Congo". Zoological Journal of the Linnean Society 163: 913–942. Sternfeld, R. (1912): "Reptilia". pp. 197–279 + Plates VI-IX. En: Schubotz, H., ed. (1913): Wissenschaftliche Ergebnisse der Deutschen Zentral-Afrika-Expedition 1907-1908 unter Führung Adolf Friedrichs, Herzogs zu Mecklenburg, Band IV Volume 4, Zoologie II. Leipzig: Klinkhardt & Biermann. 485 pp. + 11 plates. (Adolfus, novo xénero , p. 220) .

Ligazóns externas Genus: Adolfus en The Reptile Database . Adolfus Sternfeld, 1912 na EOL .

Categoría:Réptiles Categoría:Fauna de África