Os varnos ou varinos (en latín: varini) foron unha tribo xermánica que ocupaban unha provincia ao norte da Xermania, non lonxe da costa do mar Báltico. Pode que a súa orixe sexa no sur da rexión escandinava Värend, e terse asentado na Alemaña setentrional.

Publio Cornelio Tácito situounos como suevos e chamoulles varini, Plinio o Vello que os asociou aos vándalos chamoulles varinnae, e Claudio Tolomeo situounos entre os ríos Caluso e Sebo, noméaos viruni. Presuntamente o seu nome significa ou "defensores" ou "vivindo á beira do río".

Segundo Xordanes: Aguiúlfo, gobernador do Reino Suevo de Galicia, era pertencente a esta tribo.miniatura|A situación das diferentes tribos xermánicas no século I. Os varnos veñen representados ao nordeste como varini.|centro

Notas

Categoría:Pobos xermánicos