Sansa Stark é unha personaxe ficticia da serie de novelas de fantasía épica A Song of Ice and Fire, do autor estadounidense George R. R. Martin, e da súa adaptación televisiva Game of Thrones, na que foi interpretada pola actriz inglesa Sophie Turner.

Introducida en A Game of Thrones (1996), Sansa é a filla máis vella de Eddard Stark e Catelyn Tully. Posteriormente apareceu nas seguintes novelas: A Clash of Kings (1998), A Storm of Swords (2000) e A Feast for Crows (2005). Malia non aparecer na quinta novela, A Dance with Dragons (2011), Sansa retornará no próximo libro, The Winds of Winter.

Notas

Categoría:Personaxes de A Song of Ice and Fire