A tempada 2021-2022 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 55ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous valencianos e un andaluz. O Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea ocuparon as prazas que deixaron o Getxo Rugby Taldea e o Independiente Rugby Club.

Formato O formato da competición foi modificado para reducir o número de xornadas de liga regular a 16. Posteriormente os oito primeiros equipos da táboa disputaron as eliminatorias polo título: cuartos de final, semifinais e final, todas elas a un encontro no campo do equipo mellor clasificado, do seguinte xeito: 1º vs 8º 2º vs 7º 3º vs 6º 4º vs 5º

Liga Regular Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.

Posición EquipoPuntosXGEP 1º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| El Salvador |bgcolor=#ffffa5|54|| 16 || 11 || 0 || 5

|- align=center | '''2º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Santboiana |bgcolor=#ffffa5|53|| 16 || 12 || 0 || 4

|- align=center | 3º. ||align=center| Alcobendas |bgcolor=#ffffa5|50|| 16 || 10 || 0 || 6

|- align=center | 4º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Ordizia |bgcolor=#ffffa5|49|| 16 || 10 || 1 || 5

|- align=center | 5º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Ciencias |bgcolor=#ffffa5|48|| 16 || 10 || 1 || 5

|- align=center | 6º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Cisneros |bgcolor=#ffffa5|35|| 16 || 8 || 0 || 8

|- align=center | 7º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Barcelona |bgcolor=#ffffa5|35|| 16 || 7 || 0 || 9

|- align=center | '''8º. ||bgcolor=palegreen| ||align=center| Aparejadores |bgcolor=#ffffa5|35|| 16 || 6 || 3 || 7

|- align=center | 9º. || ||align=center| VRAC |bgcolor=#ffffa5|34|| 16 || 7 || 1 || 8

|- align=center | 10º. || ||align=center| Les Abelles |bgcolor=#ffffa5|24|| 16 || 5 || 0 || 11

|- align=center | 11º. ||bgcolor=lemonchiffon| ||align=center| La Vila |bgcolor=#ffffa5|18|| 16 || 4 || 0 || 12

|- align=center | 12º. ||bgcolor=salmon| Gernika18 16 3 0 13

Eliminatorias

A final da División de Honra tivo lugar no Estadi Baldiri Aleu (Sant Boi de Llobregat) o 5 de xuño de 2022 e nela enfrontáronse os equipos Unió Esportiva Santboiana e Ordizia Rugby Elkartea, que viñan de ser segundo e cuarto da liga regular e de eliminar en semifinais a Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby El Salvador. O encontro rematou con vitoria para o equipo local, a Santboiana, que dese xeito acadou o seu 8º título de liga coincidindo coa celebración do seu 100º aniversario.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

Categoría:División de Honra de Rugby Categoría:Rugby en 2022