1 franco Estados Xerais "1 franc États généraux Nickel". fr.numista.com"1 Franc (200th Anniversary of the Estates-General)". Colnect.comLauber W. (2013) . Páxina 113 (foto na páxina 111).135x135px135x135pxA/: Valor facial entre coroa de loureiro. Data no exergo. Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE / 1 FRANC / 1989R/: Tres figuras representantes do clero, a nobreza e o Terceiro Estado, na sala dos Estados Xerais en Versalles. Marca de gravador: BÉRECHEL. Lendas: CONVOCATION DES ÉTATS GÉNÉRAUX / 5 MAI 1789 Período: 5ª República Francesa. Data: 1989. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: P. J. Tiolier (A/) e C. Béréchel (R/). Tiraxe total: 5.013.861 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 6, 00 g. Espesor: 1,70 mm. Canto: estriado.

O franco Estados Xerais é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1989 en conmemoración do bicentenario da convocatoria dos Estados Xerais do 5 de maio de 1789 polo rei Lois XVI de Francia.

Caracterización O gravado da moeda débeselle á escultora, pintora e medallista francesa Claudine Béréchel (1925-2011). En tanto que o deseño do reverso deste franco é obra da propia Béréchel, o anverso retoma o deseño do 15º gravador xeral de moeda Pierre Joseph Tiolier (1763-1819), que caracterizou o reverso dun gran número de moedas francesas e dos seus territorios ao longo do século XIX e tamén algunhas emisións conmemorativas máis recentes.

Da produción do franco conmemorativo dos Estados Xerais de 1789 encargouse a Monnaie de Paris.

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no centro do anverso, ao pé da indicación do valor facial."1 Franc (200th Anniversary of the Estates-General - Essai)". Colnect.com

Tiraxes Ano de emisiónTipoExemplares cuñados1989Proof - Essai1.850Estándar5.0126.011

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc ". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.

Outros artigos

Estados Xerais de 1789 Monnaie de Paris Franco francés

Categoría:Moedas dun franco francés Categoría:Moedas conmemorativas