Manuel da Riba do Rego, nado en Loentia (Castro de Rei) e finado en Madrid o 24 de xuño de 1902, foi un político galego.
Traxectoria Alcumado O Cuco. Analfabeto e pastor de ovellas, marchou a Madrid, onde fixo fortuna. Foi concelleiro de Madrid e xefe superior de Administración. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879. Foi anulada a súa proclamación como deputado polo Tribunal de actas graves, nomeándose no seu lugar a José María González Vallarino. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1881. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1893. Finou en Madrid o 24 de xuño de 1902.La Idea Moderna, 26-6-1902, p. 2.El Diario de Pontevedra, 28-6-1902, p. 2.
Vida persoal Foi pai de Virginia da Riba Lorenzo, que casou con César Ordax-Avecilla Urrengoechea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Linajes en Castro de Rei (VI)
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia
Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Finados en 1902