O Roman Provincial Coinage (RPC) é un proxecto editorial de catalogación de moedas do Imperio Romano, iniciado en 1992, que abrangue as emisións provinciais romanas do príodo 44 a.C. - 296/7 d.C.

Este proxecto prevé a publicación de dez volumes, dos que ata 2022 se publicaron a metade.

O proxecto Os redactores responsables deste proxecto son Andrew Burnett (Departamento de Moedas e Medallas do British Museum), Michel Amandry (Gabinete de Medallas da Bibliothèque Nationale de France), Christopher Howgego (Ashmolean Museum) e Jerome Mairat (Universidade de Oxford)."Advisory Board". No sitio web do RPC.

O obxectivo de Roman Provincial Coinage é o rexistro, en orde cronolóxica e xeográfica, de todas as emisións provincias romanas do período entre o 44 a.C.e o 296/7 d.C., tomando como base a análise das dez coleccións numismáticas máis importantes dese xénero, denominadas no proxecto "colaccións básicas"."Roman Provincial Coinage ". School of Archaeology. University of Oxford.

A base de datos das moedas estudadas está dispoñible na páxina web do proxecto."Volumes". No sitio web de RPC.

Coleccións básicas Esta é unha listaxe das dez coleccións básicas nas que se basea do RPC:"Core Collection". No sitio web de RPC.

Berlín: Münzkabinett do Staatliche Museen. Cambridge: Fitzwilliam Museum. Copenhague: Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca (Nationalmuseet). Glasgow: Hunterian Museum. Londres: Departamento de Moedas e Medallas do British Museum. Múnic: Staatliche Münzsammlung. Nova York: American Numismatic Society. Oxford: Ashmolean Museum. París: Gabinete de Medallas da Bibliothèque Nationale de France. Viena: Gabinete Numismático de Viena, do Kunsthistorisches Museum.

Repartición da materia por volumes Estes son os perídos que abrangue cada un dos volumes previstos e dos xa publicados:"Volumes". No sitio web do RPC.

Dinastía Xulio-Claudia. Dinastía Flavia. Nerva - Hadriano. Os Antoninos. Dinastía Severa. Alexandre Severo. Gordiano I - Gordiano III. Filipo o Árabe. Decio - Uranio Antonino. Valeriano - Diocleciano.

Volumes publicados Ata 2022, publicáronse cinco dos dez volumes previstos, ademais de varios apéndices, algúns deles dispoñibles unicamente en liña:

Volumes

Vol I. (1992). The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. ISBN 0 7141-0871-5 (reedicións en 1998 e 2006). Vol. II (1999). Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69-96). Burnett, A.; Amandry, M.; Carradice, I. ISBN 978-0714108988 Vol. III. (2015). Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98-138). Burnett, A.; Amandry, M. ISBN 978-0714118277 Vol. VII-I (2006). Roman Provincial Coinage. Volume VII.1: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-0714118130 Vol. VII-II (2022). Roman Provincial Coinage VII.2: From Gordian I to Gordian III (Ad 238-244). Spoerri-Butcher, M.; Mairat, J. ISBN 978-0714118307 Vol. IX (2016). Roman Provincial Coinage IX: From Trajan Decius to Uranius Antoninus (AD 249-254). Hostein, A.; Mairat, J.. ISBN 978-0714118291

Suplementos

(1998): Roman Provincial Coinage. Supplement 1. Burnett, A.; Amandry, M; Ripollès, P. P. (2006). Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Burnett, A.; Amandry, M. Ripollès, P. P.; Carradice, I. ISBN 978-84-690-5987-6 (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Amandry, M.; Burnett, A.; Carradice, I.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-0-89722-333-1. (2015). Roman Provincial Coinage. Consolidated Supplement I-III (1992-2015). Ripollès, P. P.; Burnett, A.; Amandry, M.; Carradice, I.; Spoerri-Butcher, M. ISBN 978-1-910807-06-4 (2017). Roman Provincial Coinage. Supplement 4 (volumes I, II, III, VII.1 e IX). Amandry, M.; Burnett, A.; Hostein, A.; Mairat, J.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M. (2019). Roman Provincial Coinage. Supplement 5 (volumes I, II, III, VII.1 e IX). Amandry, M.; Burnett, A.; Hostein, A.; Mairat, J.; Ripollès, P. P.; Spoerri-Butcher, M.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Savio, A.; Cavagna, A. (eds). (2010). Atti della Giornatta di Studio 100 anni del Corpus Nummorum Italicorum. Milano 15 maggio 2009. Società Numismatica Italiana. Travaini, L. (2010). "Il 'Corpus Nummorum Italicorum', un'opera in venti volumi". En Bollettino di Numismatica. Nº 54. Páxinas 339-346. "Corpus Nummorum". En Time. 30 de xullo de 1923.

Outros artigos

Moedas da Antiga Roma Moeda provincial romana Roman Imperial Coinage

Ligazóns externas

Roman Provincial Coinage en liña

Categoría:Libros de numismática Categoría:Catálogos de numismática Categoría:Moedas da Roma antiga