Uliana Pernazza, nada en Roma o 2 de xaneiro de 1959, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.
Traxectoria Uliana Pernazza estudou medallística entre 1979 e 1983 na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, e en 1984 entrou a formar parte do cadro de gravadores da ceca pública."Uliana Pernazza". http://mebnet.altervista.org
A súa obra componse dun un bo número de medallas e, sinaladamente, de moedas circulantes e conmemorativas emitidas tanto para Italia como para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino,Catálogo de moedas deseñadas por Uliana Pernazza. Numista.com"Uliana Pernazza ". Numismatica-italiana.lamoneta.it entre as que cabe destacar o anverso da serie de moedas en euros do Vaticano de 2002 coa efixie de Xoán Paulo II, creado xunto con Guido Veroi."2 Euro - Ioannes Paulus II". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Ligazóns externas
Vídeo: Incisore IPZS moneta Perugia: Uliana Pernazza (IPZS)
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Roma Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado