Laura Cretara, nada en Roma o 28 de decembro de 1939, é unha escultora, gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana."Laura Cretara". The British Museum.

Traxectoria Laura Cretara herdou do seu pai, o pintor e gravador Francesco Cretara, o seu interese pola arte do gravado. A súa formación artística transcorreu en tres prestixiosas entidades romanas, o Liceo Artístico, a Academia de Belas Artes e, finalmente, a Escola de Arte Medieval, con mestres como Gatusso, Fazzini ou Giampaoli."Laura Cretara". En Balbi de Caro, S. (2008)."Laura Cretara". Mebnet.altervista.org"Laura Cretara". Maestro d'Arte e Mestiere (MAM).Mattoni, R. (2015). "Laura Cretara: Art in a Coin ". Picchianiebarlacchi.com

Logo do seu período formativo, en 1961 entrou a formar parte do cadro de gravadores da Casa da Moeda do Estado, onde comezou a deseñar e gravar medallas e moedas dun xeito profesional. Cretara foi a primeira muller en crear unha moeda italiana. miniatura|290x290px|Moeda de 500 (1982-1985) Entre 1976 e 2004 Laura Cretara dirixiu a Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, e en 1987 asumiu o cargo de directora artística da ceca pública italiana e do seu museo nomismático.

En 2006 foi designada membro, en condición de experta, da Comisión Permanente Técnico-Artística do Ministerio de Economía e Facenda de Italia.

Recoñecementos Ao longo da súa traxectoria profesional, Laura Cretara foi merecedora de numerosos recoñecementos, entre eles os seguintes:

Honras

(1995) Comendadora da Orde Ecuestre de Santa Ádega, da República de San Marino."Gli ordini Equestri: Archivio Onorificenze". Segrataria di Stato per gli Affari Esteri (San Marino). (2000) Comendador da Orde ao Mérito da República Italiana."Onorificence: Commendatore Ordine al Merito della Repubblica Italiana". Presidenza della Repubblica.

Premios

(1997) Premio Albino Bazzi, do Círculo Filatélico e Numismático Mantovano."Premio Albono Bazzi ". Circolo Filatelico Numismatico Mantovano. (2007) Premio Santo Elixio, do Colexio Prateros e Ourives Romanos. (1998) Premio Ruota d'Oro, do Rotary International Club."I Vincitori de 'La Ruota d'Oro' 1986-2009 ". La Ruota d'Oro. Rotary Club Roma Sud-Ouest. (2005-2006) Premio Profeti in Patria á excelencia, da República Italiana. Premio Internacional á Traxectoria da Feira Numismática de Vicenza.

Obra

Moeda miniatura|130x130px|Anverso do euro de 2002 co Home de Vitruvio de Leonardo."1 Euro". Numista.com Cretara é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano, a República de San Marino e Haití.Catálogo de moedas deseñadas por Laura Cretara. Numista.com

Entre as súas obras máis populares está a moeda circulante de 500 liras bimetálica que se cuñou entre 1982 e 1995, cuxo anverso foi retomado para posteriores versións conmemorativas desta moeda."500 Lire (bimetalic)". Numista.com

Outra das súas creacións máis recoñecibles é o anverso nacional italiano da moeda dun euro que reproduce a figura do Home de Vitruvio de Leonardo.

Medalla Aínda que é máis coñecida polas súas moedas, Laura Cretara ten tamén unha nutrida produción de medallas ao longo da súa carreira, entre as que destacan as creadas para a Presidencia da República, para o Goberno italiano, para o centenario do Banco de Italia ou para as celebracións do cambio de milenio e do Ano Santo de 2000.

Escultura Como escultora, Cretara creou unha grande obra de prata conmemorando o Ano Internacional da Paz de 1983, que se atopa no edificio das Nacións Unidas en Nova York. Outra das súas esculturas de gran tamaño, dedicada á investigación científica (1992) eríxese no Policlínico Umberto I de Roma.

Pola súa banda, na República de San Marino, a igrexa de Santa Bárbara acolle dous dos seus grandes relevos de bronce, creados por Cretara en 1995.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Balbi de Caro, S. (2008). Percorso d'artista: le mani, la mente, il cuore. Editalia (IPZS), Roma. ISBN 978-88-7060-490-0

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Ligazóns externas

Vídeo: "Conferencia de Laura Cretara na Cámara de Deputados de Italia (28 de maio de 2012)."

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Roma Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes