Knivsta é un concello sueco (kommun) do condado de Uppsala. A súa capital é Knivsta. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 21 193 habitantes. O municipio ten unha poboación en forte crecemento.

O municipio pertence á área metropolitana de Estocolmo-Uppsala. Porén, a baixa densidade de poboación fixo que o concello sexa catalogado tamén como municipio rural, estando ademais cuberto en gran parte por terras de cultivo. A principios dos anos 2020 a economía local estaba dominada polo sector servizos. A agricultura, a construción e o comercio tamén son sectores importantes no concello.

Xeografía O concello de Knivsta atópase no sueste do condado de Uppsala. Ao norte limita co municipio de Uppsala e ao oeste co de Håbo, os dous en Uppsala. Ao sur fai fronteira co municipio de Sigtuna, e ao leste co de Norrtälje, estes últimos no condado de Estocolmo.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Uppsala