Vanesa Ferreira, nada en Castrelos (Vigo) en 1987, é unha creadora, docente e editora galega, máis coñecida como Vanessa Glemsel.
Traxectoria Graduada en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e posgraduada en Xestión e Planificación Editorial. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Nuria Vilán Prado. Participou na creación e representación da peza de intervención escénica Campo de Batalla do Grupo F, colaborou no espectáculo Por Xela! da Banda da Loba canda outras poetas (Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro e Nuria Vilán), ademais de en múltiples festivais e eventos poéticos nacionais e internacionais. Realizou traducións para o escenario e o audiovisual. Colabora na organización e produción de eventos culturais e desenvolve proxectos de edición, fundadora e directora do selo Edicións e Producións Fetiche.Vanessa Glemsel en Facendo libros. Colaborou na organización e produción de distintos eventos culturais vencellados á arte e á cultura. Interveu como colaboradora na revista Tempos Novos. Imparte aulas lingua, cultura e literatura galega como lectora na Universidade de Estremadura, un curso de Escrita e Tradición literaria galega na escola de escrita creativa Aliteraclara, alén de diversos obradoiros de creación relacionados coa literatura e a escena.
Obras
Poesía Sutura, Urutau, 2019.Sutura
Obras colectivas
Dentes para a mazá, Chan da Pólvora, 2018 Trobeir*s do século XXI, Chan da Pólvora, 2019
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vanessa Glemsel na web de Editora Urutau. "A sutura como constatación da ferida" por Silvia Penas en Tempos novos “deitada no chan da cociña, inmóbil, imito a morte”, entrevista con Vanessa Glemsel "Sobre os tomates e as flores" por Nuria Vilán Prado en A SEGA "'Sutura', de Vanessa Glemsel, é "unha viaxe cara á luz a través das enfermidades mentais" na CRTVG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo