Jesús Sampedro Vázquez, nado na Pontenova, foi un practicante e político galego.
Traxectoria Fillo de Miguel Sampedro Villar, xefe da estación de Viloudriz, e Elena Vázquez Gayoso. Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo.Las Riberas del Eo, 6-10-1928, p. 6. Foi nomeado practicante do Concello de Viloudriz en novembro de 1931.El Progreso, 12-11-1931, p. 2. Foi secretario da Agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista de Viloudriz en 1933. Estaba vinculado ao sindicalismo de clase nas minas de Viloudriz.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Viloudriz constituído o día 20, xunto con Ángel Pérez Gándaras, José Antonio Dopacio Mesa e Manuel Enríquez Fernández.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Fuxiu e despois estivo agochado varios meses na súa casa, sen ser descuberto nos continuos rexistros que se realizaban.La dictadura franquista, p. 40. Xulgado en Lugo, foi declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937,BOP Lugo, 3-5-1937, p. 1. e foi reclamado polo xuíz de instrución especial militar de Ribadeo en maio de 1937 xunto con Cándido Rodríguez, Antonio Ferreiro Vérez, Emilio Roncandio Vicario e José Murias Rodríguez.BOP Lugo, 2-5-1937, p. 2. Entregouse en 1939 e ingresou na Prisión de Lugo o 27 de maio. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 28 de marzo de 1940 xunto con José Murias Rodríguez e Emilio Roncandio Vicario,El Progreso, 29-3-1940, p. 2. foi condenado a prisión. Saíu do Cárcere de Lugo o 4 de agosto de 1940. Volveu traballar como practicante na Pontenova nos anos corenta. Despois exiliouse en Venezuela.BOP Lugo, 19-9-1960, p. 2. Vida persoal
Casou na Pontenova con María de las Mercedes Gallo Lamas en agosto de 1941.El Progreso, 3-9-1941, p. 3.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados na Pontenova