Pertti Mäkinen, nado en Tyrvää, rexión de Satakunta, o 16 de setembro de 1952, é un escultor e deseñador de moedas finlandés.
Traxectoria
Pertti Mäkinen formouse entre 1966 e 1968 nunha escola de formación rpofesional da rama metalúrxica e logo traballou durante cinco anos como frabricante de ferramentas. De 1976 a 1979 cursou estudos artísticos na Escola de Arte Kankaanpää, nas especialidades Gráfica e de Escultura. E finalmente en 2004 ingresou na Universidade de Ciencias Aplicadas de Jyväskylä para realizar estrudos de Pedagoxía."Curriculum Vitae". Suomen Taiteilijaseura / Artists' Association of Finland (o CV só dispoñible na versión finesa).
Á parte desta formación regrada, Mäkinen realizou numerosos viaxes formativas, en ocasións como bolseiro, a países como a Unión Soviética (1978), os Estados Unidos (1987 e 2000), México (1989), Exipto (1992), Israel (1994), Estonia, Letonia e Lituania (1994), Portugal (1996), Italia (1997), Xapón (1998), España (1999), os Países Baixos (1999), China (2002), a India (2007), Alemaña (2008) e o Perú (2010).
No ámbito académico, Mäkinen exerceu a docencia na materia de Escultura na Escola de Arte de Kankaanpää entre 1980 e 2017, e na Universidade de Ciencias Aplicadas de Satakunta entre 1989 e 2017.
Obra Os primeiros traballos de Pertti Mäkinen foron gráficos, sinaladamente no campo da xilografía. En 1979 expuxo por primeira vez en Helsinqui."Pertti Mäkinen (1952) ". Tampereen nykytaiteen museo. miniatura|260x260px|Escultura Vanavesi - Kölvattnet (2004), de Pertti Mäkinen, no Centro cultural sueco Mikaelsgården en Pori. Mäkinen é o responsable dun bo número de obras escultóricas en espazos públicos e abertos, moitas delas formando parte dun grupo constituído en 1979 xunto con Ossi Somma e Reijo Paavilainen, os tres vinculados á Escola de Arte de Kankaanpää."Merelle (Merenkulun muistomerkki), 1985". Oulun Taidenmuseo.
Xa desde que acabou os seus estudos, Mäkinen comezou a traballar tamén como medallista e ao longo da súa carreira acadou unha produción de máis de 30 medallas. No ámbito da moeda, durante as décadas de 1980 e de 1990 responsabilizouse do deseño dalgunhas moedas conmemorativas do sistema do marco finlandés.Serie de moedas deseñadas por Pertti Mäkinen. Numista.com Posteriormente foi elixido polo Banco de Finlandia e pola Casa da Moeda de Finlandia para deseñar o anverso nacional da moeda dun euro, que comezou a cuñarse en 1999."1 Euro". Numista.com O seu deseño para esta moeda —o seu traballo máis representativo— amosa a imaxe de dous cisnes en voo sobre dous lagos, que se corresponden cos de Karhijärvi e Lavijärvi, na rexión onde naceu Mäkinen.Nummelin, Esko. "Pertti Mäkinen- Ajattelija ja Tulkitsija, jolle tyhjä on merkityksellinen ja arvokas ". Porin taidemuseo. Páxina 4.
Así mesmo, é autor do deseño de máis dunha decena de moedas conmemorativas finlandesas da serie do euro. Mäkinen foi o gañador do Premio Moeda do Ano á moeda máis inspiradora das emitidas en 2006, pola moeda de ouro de 5 euros conmemorativa do 150 aniversario da desmilitarización das Aland."Canadá wins the COTY". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados na rexión de Satakunta Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Escultores de Finlandia Categoría:Personalidades sen imaxes