Georgios Stamatopoulos (grego: Γεώργιος Σταματόπουλος), nado en Atenas en 1963, é un deseñador de moedas grego que forma parte do cadro de gravadores do Banco de Grecia.
Traxectoria
George Stamatopoulos ingresou en 1982 na Escola de Belas Artes de Atenas, onde se graduou en 1988 coa especialidade de Escultura."Γιώργος Σταματόπουλος – γλύπτης, χαράκτης ελληνικών νομισμάτων" [George Stamatopoulos - escultor, gravador de moedas gregas]. Greekeurocollector.wordpress.com
En 1995 comezou a traballar no Museo de Escultura da Acrópole e en 1996 gañou un concurso para o deseño de medallas e moedas do sistema do dracma do Banco de Grecia. Finalmente, en 1997 foi contratado por esta institución como gravador.
Logo da súa primeira experiencia co deseño de moedas de finais da década de 1990, Stamatopoulos foi elixido tamén polo Banco de Grecia para deseñar o anverso nacional da serie completa das moedas do novo sistema do euro —entre o céntimo e os dous euros—, que comezaron a circular a partir de 2002.Moedas deseñadas por Georgios Stamatopoulos. Numista.com
Así mesmo, é autor do deseño de numerosas moedas conmemorativas gregas e chipriotas da serie do euro. Dous dos seus deseños foron utilizados tamén para os anversos de senllas emisións de moedas conmemorativas de dous euros conxuntas de todos os estados da Eurozona: a que conmemora os 10 anos da Unión Monetaria Europea (2009)"10 Years of EMU". Numista.com e a dos 30 anos da creación da Bandeira da Bandeira da Unión Europea (2015)."L'UE choisit un euro grec pour fêter les 30 ans du drapeau européen". En Le Figaro. 28 de maio de 2015."30 Years of European Union Flag". Numista.com
Á marxe do deseño de moedas, a súa obra escultórica está baseada normalmente no mundo natural e especialmente nas diversas formas de vida. Os materiais cos que elabora as súas obras son a madeira, o bronce, o mármore e a cerámica, ao tempo que experimenta con novos materiais, como o poliéster. A maior parte das súas creacións están en espazos públicos e en coleccións privadas.
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Artistas de Grecia Categoría:Personalidades sen imaxes