František Chochola, nado en Kolín, Bohemia Central, o 15 de abril de 1943, e finado en Hamburgo o 6 de xullo de 2022,"Chochola, František ". Deutsche Biographie. é un escultor, medallista, ilustrador e deseñador de medallas de orixe checa e naturalizado alemán."Heimische Vögel: Der Schwarzspecht. Kurzbiografie des Motivkünstlers: František Chochola ". Muenze-deutschland.de

Traxectoria Chochola completou os seus estudos superiores de Escultura na Academia de Belas Artes e Escola de Artesanía de Bechyně entre 1959 e 1963."Frantisek Chochola". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst.

Despois do servizo militar traballou primeiro como operario nunha factoría e despois como escenógrafo nun teatro, antes de atopar un emprego como restaurador no Museo de Kolín. A partir de 1968 comezou a traballar por conta propia como escultor, medallista e ilustrador de libros en Praga e en Kolín. Tras o final da Primavera de Praga, emigrou a Hamburgo en 1971.

Chochola acadou a nacionalidade alemá en 1992.

En Alemaña, en 1999 deseñou a súa primeira moeda por encarga do Bundesbank, e pouco despois gañou o concurso, xunto con Ettore Lorenzo Frapiccini, para o deseño de todas as moedas da serie circulante do euro da República de San Marino, que se puxeron en circulación en 2002. A partir dese ano encargouse tamén do deseño dun bo número de moedas conmemorativas en euros emitidas por Alemaña.Moedas deseñadas por František Chochola. Numista.comHasse, E. S. (2022).

En 2002 foi galardoado co premio de gravado Johan Veit Döll, outorgado conxuntamente pola cidade de Suhl e a Sociedade Alemá da Medalla de Arte.

František Chochola finou en Hamburgo o 6 de xullo de 2002 aos 79 anos, e foi soterrado no cemiterio Ohlsdorf.

Escolma de traballos

Moedas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hasse, E. S. (2022). "Trauer um František Chochola. Seine Werke stecken in fast jedem Portemonnaie". En Hamburger Abendblatt. 12 de agosto de 2022. Nägele, H. (1980). "Frantisek Chochola ein tschechischer Illustrator in Deutschland". En Illustration 63. Nº 1/1980. ISSN 0019-2457. Páxinas 22-26.

Outros artigos

Lista de deseñadores de moedas de euro

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados na Bohemia Central Categoría:Finados en 2022 Categoría:Ilustradores Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades da escultura