O Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández é un dos premios literarios nacionais de España convocados polo Ministerio de Cultura.

Foi establecido en 2010 e a súa primeira convocatoria tivo lugar en 2011. O premio ten por obxectivo favorecer os novos poetas creadores para que sexan coñecidos e «outorgar unha primeira oportunidade para a difusión e o goce das súas obras». O premio instituíuse no centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e recoñece a obra publicada no ano anterior por un autor menor de trinta e un anos, a idade á que aquel morreu. A súa dotación económica inicial, como o resto dos premios nacionais de literatura, é de 20.000 euros.

Galardoados Relación de autores e obras premiadas:

2011: Laura Casielles por Los idiomas comunes 2012: Martha Asunción Alonso por Detener la primavera 2013: Unai Velasco por En este lugar 2014: Carlos Loreiro por Los poemas de Marcelo Aguafuerte. Crónicas para El buey Apis 2015: Gonzalo Hermo por Celebración 2016: Constantino Molina Monteagudo por Las ramas del azar 2017: Ángela Segovia por La curva se volvió barricada 2018: Berta García Faet por Los Salmos Fosforitos 2019: Xaime Martínez Menéndez por Cuerpos perdidos en las morgues 2020: Alba Cid por Atlas 2021: María Elena Higueruelo Illana por Los días eternos 2022: Ismael Ramos por Lixeiro 2023: Mayte Gómez Molina por Los trabajos sin Hércules. 2024: Lola Tórtola, por Los dioses destruidos 2025: Elisa Fernández Guzmán, por Después del pop 2026: Ane Zubeldia, por Kontra.

Notas

Categoría:Premios Nacionais de España Categoría:Premios e certames de poesía