Bruno Ninaber van Eyben, nado en Boxtel, Brabante do Norte, o 3 de novembro de 1950, é un xoieiro e enxeñeiro industrial neerlandés coñecido por ser o autor do deseño do anverso das moedas do euro dos Países Baixos.
Traxectoria Ninaber é fillo do artista Antonius Cornelius (Toon) Ninaber van Eyben (1896-1977) e de Carla Hoyng (1910-1975)."Bruno Ninaber van Eijben: Ik werk het liefst aan de vormgeving van machines". En NRC Handelsblad. 29 de febreiro de 1980.
Bruno Ninaber van Eyben graduouse en 1971 dos seus estudos artísticos superiores no Instituto das Artes en Maastricht, na especialidade de deseño de xoiaría, e estableceuse como creador autónomo. Na década de 1970 deseñou obxectos como un reloxo de pulseira (1973), un colgante con reloxo (1976) e un sistema de alumeamento fluorescente (1977)." Bruno Ninaber van Eyben". Vividvormgeving.nl
Entre outros museos relevantes, algunhas das súas obras forman parte das coleccións do Rijksmuseum de Ámsterdam,"Bruno Ninaber van Eyben". Rijksmuseum. do MOMA de Nova York"Bruno Ninaber van Eyben". Museum of Modern Art. e da Neue Sammlung, de Múnic.
En 1980 Ninaber foi o artista escollido pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos para o deseño da derradeira serie de moedas con valor facial en floríns, a nome da raíña Beatriz, que estiveron en circulación desde 1982 ata a chegada do euro en 2002. Así mesmo, foi o gañador do cuncurso para o deseño dos anversos nacionais das moedas circulantes da serie do euro dos Países Baixos.Moedas deseñadas por Bruno Ninaber van Eyben. Numista.com
Bruno Ninaber van Eyben estableceu en 1971 o seu propio estudio na cidade surholandesa de Delft, co nome de Studio Ninaber, e en 2009 inaugurou unha delegación do Studio Ninaber en Alemaña."Studio Ninaber". Ninaber.nl Ademais, en 1985 creou a consultoría internacional de deseño n|p|k Industrial Design xunto con dous socios (Ninaber/Peters/Krouwel)."Em. Prof. Ninaber van Eyben, B.". Technische Universiteit Delft.
Desde o 1 de xullo de 2003, é profesor de Deseño na Facultade de Enxeñaría do Deseño Industrial da Universidade de Tecnoloxía de Delft."Benoeming Ninaber van Eyben". Technische Universiteit Delft.
Recoñecementos
1979: Premio Kho Liang Ie ao deseño industrial, outogado polo Fondo de Ámsterdam para as Artes."Kho Liang Ie-prijs voor Bruno Ninaber". En Het Parool. 6 de febreiro de 1980. Páxina 15 2007: Premio Oeuvre (Oeuvreprijs) de deseño, outorgado polo Fondo BKVB."Oeuvreprijzen, Benno Premselaprijs en Prijs voor de kunstkritiek bekend". Archined.nl. 5 de novembro de 2007. 2008: Premio Piet Zwart, á traxectoria no deseño, da Organización Profesional de Deseñadores Neerlandeses (BNO)."BNO Piet Zwart Prijs". BNO.nl 2013: Cabaleiro da Orde do León Neerlandés."Koninklijke onderscheidingen voor drie Delftse hoogleraren ". Delta.tudelft.nl
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores de moedas de euro
Ligazóns externas
Sitio web profesional de Bruno Ninaber van Eyben Canle de Studio Ninaber en Youtube
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Brabante do Norte Categoría:Deseñadores de moeda dos Países Baixos Categoría:Xoiaría Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Deseñadores industriais