Erwin Olaf Springveld, nado en Hilversum, na Holanda Setentrional, o 2 de xullo de 1959, é un fotógrafo profesional dos Países Baixos, coñecido polos seus deseños dos anversos da segunda serie de moedas de euro do seu país.
Como nome artístico prescinde do su apelido e utiliza unicamente os seus dous nomes de pía: Erwin Olaf."Erwin Olaf". Depth of Field. Universiteir Leiden. Reside e traballa en Ámsterdam."Erwin Olaf. Biography". Erwinolaf.com
Traxectoria
Primeiros anos e formación Erwin Olaf naceu en Hilversum en 1959, fillo de Lydia van 't Hoff e de Simon Jacobus Springveld, e a súa familia trasladouse a Hoevelaken en 1967.
Entre 1971 e 1977 cursou o seu ensino secundario no instituto HAVO, de Amersfoort, e a continuación realizou estudos superiores na Escola de Xornalismo de Utrecht, onde aprendeu da man de Dirk van der Spek os fundamentos da forografía.
Fotografía profesional En 1980 trasladouse a Ámsterdam e traballou dous anos como asistente do fotógrafo André Ruigrok. En 1982 pasou atraballar de maneira independente e o ano seguinte participou, nesa cidade, na súa primeira exposición colectiva, titulada Among Men, Among Women. En 1983 comezou a colaborar asiduamente coas súas fotografías en revistas internacionais do ámbito homosexual, como Gaykrant (Países Baixos), Gai-pied (Francia), The Advocate (EEUU), Gay-Times (Reino Unido) e Rosa Frieder (Alemaña), e tamén publicou artigos sobre técnica fotográfica na revista Focus, a máis antiga do sector nos Países Baixos.
A partir de 1983 comezou a dedicarse á fotografía escenificada e publicitaria. O abano dos encargos ampliouse considerablemente, desde fotografía de moda ata cubertas de discos, e comezou a publicar unha serie semanal de retratos na revista The Hague.
A súa carreira tomou unha dimensión internacional logo de acadar o primeiro premio do concurso Novo Fotógrafo Europeo pola súa serie Chessmen, en 1988, que expuxo posteriormente no Museo Ludwig en Colonia.
En 1990 entrou no eido da videoarte como creador de dous vídeos musicais para a cantante La Pat.
O prezo máis alto alcanzado por unha fotografía de Erwin Olaf nunha poxa foron 27.168 euros, ofrecidos nunha poxa que tivo lugar en Nova York en outubro de 2009, pola fotografía titulada Hope 5 da serie Hope Portraits (2005)."Recordprijs voor foto Erwin Olaf". En Het Parool. 9 de outubro de 2009. miniatura|Anversos da serie de moedas do euro dos Países Baixos, a nome de Guillerme Alexandre. Deseño: Erwin Olaf. Ademais destas series persoais, Erwin Olaf traballa tamén con marcas coñecidas como Nokia ou Levi's, Diesel ou Bottega Veneta, aínda que non por iso deixou de criticar a industria da moda con series como Fashion Victims, realizada en 2000, na que se amosan modelos expidas co rostro cuberto por bolsos de marcas de luxo."Erwin Olaf". Societé photographique de Rennes."Fashion Victims". Erwinolaf.com
Deseño de moedas do euro Á marxe da fotografía, os deseños de Erwin Olaf foron os escollidos pola Real Casa da Moeda dos Países Baixos para os anversos da serie completa de moedas do euro cuñadas a partir de 2014, logo da entronización do rei Guillerme Alexandre en abril de 2013. Moedas deseñadas por Erwin Olaf. Numista.com
Recoñecementos
1988: Novo Fotógrafo Europeo pola súa serie Chessmen. 1999: León de Prata, Festival Internacional da Publicidade de Cannes, pola campaña "Diesel"."Erwin Olaf". Societé photographique de Rennes. Páxina 16. 2001: León de Prata, Festival Internacional da Publicidade de Cannes, pola campaña "Heineken". 2008: Premio Lucie, dos Estados Unidos."Erwin Olaf ". Akademoe van Kunsten. 2011: Premio Johannes Vermeer das artes, do Estado neerlandés."Erwin Olaf. Dopplete retrospektive". En LFIonline.de. 15 de febreiro de 2019. 2014: Premio Círculo de Críticos de Arte, de Chile."Erwin Olaf". Arteinformando.com"Exposición del Museo de Arte Contemporáneo recibe reconocimiento del Círculo de Críticos de Arte". Universidad de Chile (Ucjile.cl) 2019: Cabaleiro da Orde do León dos Países Baixos."Erwin Olaf nu Ridder in de Orde van de Nederlandse Leeuw". RTLBoulevard.nl. 2 de xullo de 2019."Erwin Olaf benoemd tot Ridder in de Orde van de Nederlandse Leeuw ". Gemeente Amsterdam (Amsterdam.nl)
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deseñadores de moedas de euro
Ligazóns externas Sitio web profesional de Erwin Olaf Espazo de Erwin Olaf na web da galería Wagner + Partner
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Holanda Setentrional Categoría:Fotógrafos dos Países Baixos Categoría:Fotógrafos de moda Categoría:Fotógrafos publicitarios Categoría:Deseñadores de moeda dos Países Baixos Categoría:Personalidades da cultura LGTB