Os ciclistas galegos na Vuelta a España son aqueles que teñen participado nalgunha das 77 edicións disputadas entre 1935 e 2022. Entre eles salientan tres corredores que foron gañadores da proba: Delio Rodríguez en 1945, Emilio Rodríguez en 1950 e Álvaro Pino en 1986. Delio Rodríguez Barros Delio Rodríguez Barros (1916-1994) competiu en 6 edicións da Vuelta a España. Trátase do ciclista cun maior número de vitorias de etapa na historia da proba con 39, liderou a carreira un total de 32 días e foi o gañador absoluto na edición de 1945, na que rematou con media hora de vantaxe sobre o segundo clasificado, Julián Berrendero. En 1947 lideraba a carreira logo de 11 tiradas pero foi sancionado con 10 minutos e rematou terceiro. En 1945 e 1947 tamén gañou a clasificación por puntos. Ciclista19361937193819391940194119421943194419451946194719481949Delio Rodríguez BarrosDelio Rodríguez Barros en sitiodeciclismo.net 24ºxxxx'''4º'''7ºxx1º'''5º'''3º-x

Vitorias de etapa: 39 Etapas líder: 32

Emilio Rodríguez Barros Emilio Rodríguez Barros (1923-1984) competiu en 7 edicións da Vuelta a España. Na edición de 1948 acadou unha vitoria de etapa e rematou na segunda posición da clasificación xeral a nove minutos do gañador, Bernardo Ruiz. En 1950 acadou 5 vitorias de etapa e gañou a carreira cunha vantaxe de 15 minutos sobre o segundo clasificado, seu irmán Manuel Rodríguez. Ademais de gañar unha Vuelta a España e acadar 6 vitorias de etapa, conquistou a clasificación da montaña en 1946, 1947 e 1950. A carreira non se celebrou nos anos 1949, 1951, 1952, 1953 e 1954, coincidindo coa mellor época do ciclista. Ciclista194619471948194919501951195219531954195519561957Emilio Rodríguez BarrosEmilio Rodríguez Barros en sitiodeciclismo.net 8º4º2ºx1ºxxxx24º11º43º

Vitorias de etapa: 6 Etapas líder: 21

Álvaro Pino Couñago Álvaro Pino Couñago (1956-...) competiu en 9 edicións da Vuelta a España, rematando 6 veces entre os 10 primeiros e acadando a vitoria final na edición do ano 1986 por diante de Robert Millar e Sean Kelly. Gañou 5 etapas, nos anos 1981, 1986, 1988 e 1989, a derradeira delas nos Lagos de Covadonga, e conquistou o gran premio da montaña na edición de 1988. Ciclista19811982198319841985198619871988198919901991Álvaro Pino CouñagoÁlvaro Pino Couñago en sitiodeciclismo.net 22º'''10º'''4ºAb.'''8º'''1º-'''8º'''5ºAb.-

Vitorias de etapa: 5 Etapas líder: 13

Vicente López Carril Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 8 edicións da Vuelta a España, acadando un 5º posto na edición de 1976 como mellor resultado, acadando ese ano unha vitoria na etapa 15 que rematou en Cangas de Onís. Ciclista1967196819691970197119721973197419751976197719781979Vicente López CarrilVicente López Carril en sitiodeciclismo.net 14º34º26º17º-12º17º--5º-10º-

Vitorias de etapa: 1 Etapas líder: 0

Manuel Rodríguez Barros

Ezequiel Mosquera Míguez

Óscar Pereiro Sio

Marcos Serrano Rodríguez

Jesús Blanco Villar

José Ángel Vidal Martínez

José Manuel Oliveira Boga

Raúl Rey Fomosel

José Bernárdez Boluja

José Luis Sánchez de la Rocha

Gustavo Miguel Otero Gómez

David Blanco Rodríguez

Gonzalo Rabuñal Ríos

Delio Fernández Cruz

Serafín Martínez Acevedo

Gustavo César Veloso

Jesús Rodríguez Carballido

Manuel Carrera Punzón

David García Dapena

Peio Arreitunandia Quintero

Peio Arreitunandia (1974-2025)

Carlos Canal Blanco

Ciclista 2020 2021 2022 2023 2024 2025 2026 Carlos Canal — 106.º 84.º — 70.º 55.º TBD

Gustavo Domínguez Lemos

Luis Fernández Oliveira

Pastor Rodríguez Barros

Véxase tamén Outros artigos Galegos no Tour de Francia Galegos no Giro de Italia

Notas

Categoría:Vuelta a España