Marie Jonet Dugès, nada en 1730 e finada en 1797, foi unha comadroa francesa.Stanley, Autumn (1993): Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology. Metuchen, Nova Jersey: Scarecrow. ISBN 0-8108-2586-4, p. 234.

Traxectoria Familia Marie Jonet Dugès era filla dunha parteira, pero o nome da súa nai non se conservou. Coñécese xeralmente co nome de "Madame Dugès", porque o seu marido era Louis Delzescauts-Dugès, un funcionario de saúde, quen lle transmitiu coñecementos.

Desde pequena, a filla foi unha compañeira constante e axudou á súa nai nos partos, que lle ensinou todo o que sabía sobre esta profesión.Ogilvie, Marilyn & Harvey, Joy (2000): The biographical dictionary of women in science: pioneering lives from ancient times to the mid-20th century. Nova York: Routledge. ISBN 978-0-4159-2040-7, p. 731.

Carreira Jonet Dugès foi primeiro comadroa xurada ("sage-femme jurée") no Hospital de Chatelet.Buck, Albert Henry (1920): The dawn of modern medicine. New Haven, Connecticut: Yale University Press. p. 256.

Máis tarde, en 1775, foi ascendida ao cargo de matrona xefa do Hôtel-Dieu de París.

Desempeñou as súas funcións con tal celo, habilidade e fidelidade que, cando se xubilou, o goberno concedeulle unha pensión vitalicia.

Legado Marie Jonet Dugès é recordada como unha das matronas máis importantes vinculadas ao Hôtel-Dieu, e pola súa mellora na partaría francesa.van Teijlingen, Edwin, ed. (2000): Midwifery and the medicalization of childbirth: comparative perspectives. Huntington, Nova York: Nova Science Publishers. ISBN 978-1-5607-2680-7, p. 87.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Aloïs Delacoux (1833): "Marie Jonet", en Biographies des sages-femmes célèbres anciennes, modernes et contemporaines. París: Trinquart.

Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Matronas Categoría:Nados en 1730 Categoría:Finados en 1797