Begoña Castellanos García, nada en 1967, é unha deseñadora de moedas española.

Traxectoria Begoña Castellanos García, gravadora da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (RCM-FNMT), de Madrid, igual que o seu marido, Luis José Díaz Salas,"Luis José Díaz Sala". Conoce tu moneda. é a autora de máis de medio cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro."Begoña Castellanos García". Conoce tu moneda.

En 1993 deseñou a súa primeira moeda, a de 10 pesetas co busto de Joan Miró,"10 Pesetas Joan Miró". Numista.com e durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas.Moedas deseñadas por Begoña Castellanos. Numista.com

Coa Chegada do euro, o seu deseño co busto de Miguel de Cervantes foi o escollido para os anversos da serie divisionaria de moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro. De igual xeito, foi a creadora de varias moedas circulantes conmemorativas de dous euros e doutras cuñaxes da RCM-FNMT destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento.

En 2004 ocupouse tamén do deseño de tres moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española."Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Personalidades sen imaxes