miniatura|Presentando Biscoito de laranxa en Bueu (29/06/2024) con Anna R. Figueiredo.
Daniel Chapela Durán, coñecido como Daniel Chapela, nado en Bueu en 1999, é un filólogo e político galego. Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Bueu, e nesa etapa encargouse voluntariamente dunha axencia de lectura en Meiro.Hermida, María (11/11/2016). "Daniel, un superviviente que estudia, trabaja y es bibliotecario a los 17" La Voz de Galicia . Iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Vigo mais, ao rematar o segundo curso, abandonounos para facer o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou no 2023. Formou parte do claustro da USC en representación do estudantado.
Foi fundador, xunto con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira, da asociación cultural O Arquivo das Trasnas, que organizou as xornadas "Literatura nas marxes. A creación alén do canon" e "Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar". Tamén participou na produción do documental Xela Arias. Poeta nas marxes.
Foi elixido coordinador de Cultura do PPdeG no congreso de maio de 2022, mais dimitiu en novembro de 2024. En outubro de 2022 rumoreouse na prensa que asumiría a dirección da revista Dorna en substitución de Ramón Lorenzo, mais finalmente o relevo do equipo non incluíu a Daniel Chapela, sendo nomeada directora María Xesús Nogueira. Presentouse ás eleccións municipais de 2023 de Bueu na candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. En novembro de 2024 deixou o PPdG e pasou a ser concelleiro non adscrito.
Obra Poesía Biscoito de laranxa (2024). Vigo: Galaxia. 78 páxs. ISBN 9788411762205. Publicou algúns dos poemas na Revista Grial 242. Os fíos da vida (2026). Con Nerea Cordeiro. Boulevar Ed. ISBN 979-13-991009-3-8. Edición limitda cosida a man. Edicións Narrativa inédita e dispersa, de Luísa Villalta (2024). Vigo: Galaxia. 344 páxs. ISBN 9788411763523.
Premios 2022: Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de proxecto literario en rede, por O Arquivo das Trasnas, con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira. 2022: 2º premio no Xuventude Crea 2022, por Biscoito de laranxa. 2024: 3º premio do concurso literario Mazarelos. O xurado premiou a súa obra Amelia, unha plaquette ou pequeno conxunto de poemas. 2024: Premio de poesía Díaz Jácome, por Traxedia en tres actos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
O autor recita poemas de Biscoito de laranxa en Bueu, 29-06-2024.
Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG
Categoría:Nados en Bueu
Categoría:Nados en 1999