Francisco Martelo Villar, nado o 3 de marzo de 1945 en Redondela, é un médico cirurxián galego.

Traxectoria Nado en Redondela estudou na Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou en 1968 e obtivo o título de doutor en 1989. Posteriormente obtivo en 1975 o título de especialista en cirurxía plástica e cirurxía xeral na Universidade Complutense de Madrid.Biografía na web da RAMCG. Consultada o 11 de outubro de 2022.

En 1969 obtivo, por concurso-oposición a praza de médico interno e residente da Cidade Sanitaria Francisco Franco de Madrid. En 1970 comezou o seu período de formación como médico residente en cirurxía plástica, con formación básica nos servizos de cirurxía xeral e cirurxía plástica na referida cidade sanitaria. A partir do 1 de abril de 1975 foi médico adxunto contratado do Hospital Primero de Octubre de Madrid, praza que de maneira definitiva obtivo por concurso de méritos o 1 de decembro de 1975.

Desde xullo de 1975 a maio de 1977 traballou no Hospital Saint George de Londres. De vola a España, o 15 de xullo de 1977 obtivo a praza de xefe da sección de cirurxía plástica do Hospital Virgen de la Arrixaca de Murcia.

O 24 de setembro de 1980 foi nomeado xefe do servizo de cirurxía plástica e queimados da Cidade Sanitaria Juan Canalejo da Coruña, no que o 9 de xullo de 1981 foi nomeado director médico do centro de traumatoloxía e rehabilitación. Neste hospital (hoxe Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) traballou até a súa xubilación en 2011.

Ademais, foi profesor asociado da Universidade da Coruña, da materia de cirurxía en terapia ocupacional e fisioterapia desde 2008 a 2011.

En 2021, no pleno extraordinario da Real Academia de Medicina de Galicia foi elixido presidente, por unanimidade, titular da cadeira de cirurxía plástica, estética e reparadora. Sucedeu no cargo ao profesor Xosé Carro Otero, titular de historia da medicina, falecido.Francisco Martelo Villar, presidente de la Real Academia de Medicina de Galicia en asomega.es.Martelo Villar, presidente de la Real Academia de Medicina de Galicia en redaccionmedica.com.

O 16 de decembro de 2021 foi nomeado vogal electivo do órgano directivo da Fundación Barrié. O presidente da fundación, José María Arias Mosquera, explicou que o nomeamento responde á «dilatada experiencia e ao recoñecido prestixio no ámbito da saúde» de Martelo Villar, así como o seu «firme compromiso pola investigación e á contribución ao progreso da medicina».

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Gravación da entrevista con motivo da súa elección como presidente da RAMCG en asomega.es

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Cirurxiáns de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1945 Categoría:Membros da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes