Elvira López Mourín, nada en San Martiño de Río, Láncara, en 1891 ou o 3 de setembro de 1893,Libro III de Bautismos, folio 139 V, San Martín de Río (1852-1897) foi unha enfermeira militar española e a primeira da aviación sanitaria de España.
Traxectoria Elvira López Mourín naceu, segundo o Libro dos Bautismos de San Martín de Río, o 3 de setembro de 1893; Libro III de Bautismos, folio 139 V, San Martín de Río (1852-1897) aínda que 1891 é o ano de nacemento dado por outras fontes. Marchou a estudar a Madrid e aínda que non sabía ler nin escribir, pasou a formar parte do primeiro grupo de enfermeiras profesionais formado por cinco mulleres.
Foi unha enfermeira militar de profesión sanitaria que formou parte da primeira promoción de mulleres formada pola Cruz Vermella Española co plan académico oficial de 1915.
En agosto de 1918, xunto con outras catro mulleres, formou parte da primeira promoción de enfermeiras profesionais do Hospital da Cruz Vermella de San José e Santa Adela de Madrid. Catro anos despois ingresou no Hospital de Melilla no Protectorado de Marrocos.
Na noite do 1 de novembro de 1922, durante a Guerra do Rif, que enfrontou a España e Francia contra as forzas rebeldes marroquís, formou parte dunha expedición aérea médica de tres avións. Logo presentouse voluntaria para voar desde o aeródromo de Nador (Melilla) ata o campamento militar de Dar Drius como parte do equipo cirúrxico do comandante médico Víctor Nogueras para atender a 366 feridos dos combates na posición de Tizzi Azza . Elvira López non tiña naquel momento a obriga de voar nun avión de guerra, por ser muller, pero si o fixo. A súa decisión converteuse na primeira enfermeira en participar tanto no primeiro voo sanitario realizado en España, o primeiro transporte aéreo de feridos, como nun dos primeiros voos nocturnos da aviación española.
Recoñementos En 1922 Elvira López Mourín foi considerada polos medios españois como unha heroína de guerra, sendo recibida por diversas autoridades. O 7 de novembro tivo audiencia co presidente do Consello de Ministros, José Sánchez Guerra; o día 11 a raíña Vitoria Eugenia deulle unha recepción á enfermeira; e o día 20 o rei Afonso XIII concedeulle unha audiencia no Palacio Real onde foi felicitada pola súa actuación.
Foi elixida en 2020 por Correos como protagonista do selo postal conmemorativo do Ano Internacional das Enfermeiras e Parteras, declarado un ano antes pola Comisión Filatélica Estatal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Correos: Sanidade. 2020 Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas - Elvira López Mourín
Categoría:Nados en Láncara Categoría:Enfermeiros de España Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Pioneiros da aviación