Medio dólar Kennedy "Half Dollar". United States Mint.150x150px150x150pxA/: Retrato de John F. Kennedy cara á esquerda. Marca de gravador (GR), marca de ceca e data. Lendas: · LIBERTY / IN GOD WE TRUST.R/: Gran Selo dos EEUU (modificado) sobre o peito dunha aguia que sostén nas poutas unha póla de oliveira e un feixe con 13 frechas, e cun pergamiño no peteiro. Marca de gravador (FG). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / HALF DOLLAR. Datas: desde 1964. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca ou P), Denver (D), San Francisco (S). Gravador: Gilroy Roberts (A/) e Frank Gasparro (R/). Aliaxes: 1964: 90 % prata, 10 % cobre."½ Dollar "Kennedy Half Dollar" 90% Silver". Numista.com 1965-1970: 40 % prata, 60 % cobre."½ Dollar "Kennedy Half Dollar" 40% Silver". Numista.com Desde 1971: núcleo de cobre (Cu 100 %), forro de cuproníquel (Cu 91,67 % e Ni 8,33 %)."½ Dollar "Kennedy Half Dollar"". Numista.com Diámetro: 30,61 mm. Pesos: 12,50 g / 11, 50 g / 11,34 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
Nota: estes datos refírense unicamente á serie ordinaria para a circulación. Ao logo do artigo achéganse os datos doutras emisións especiais para coleccionistas, en prata e en ouro.
O medio dólar Kennedy é unha moeda estadounidense de curso legal cuñada por vez primeira en 1964 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Concibiuse como unha homenaxe ao 35º presidente do país, John F. Kennedy, e a súa creación foi autorizada polo Congreso dos EEUU pouco despois dun mes do seu asasinato en novembro de 1963.
O uso de obras anteriores dos gravadores xefe da casa da moeda Gilroy Roberts e Frank Gasparro posibilitou unha rápida preparación dos cuños e a produción da nova moeda comezou xa en xaneiro de 1964.
A primeira versión deste medio dólar, realizada en prata, comezou a ser acaparada xa desde o seu lanzamento en marzo de 1964, tanto polos coleccionistas como polas persoas que querían un recordo do finado presidente, polo que a US Mint decidiu aumentar a súa produción, aínda que rara vez chegou a verse en circulación. As continuas subas do prezo da prata provocaron un aumento do acaparamento: moitos dos dólares Kennedy dese primeiro ano fundíronse polo seu contido de metal nobre. As pezas datadas a partir de 1965 viron reducido o seu contido en prata do 90 % inicial ao 40 % —só un revestimento de prata—, mais aínda con este cambio a moeda seguiu a ter pouca circulación. Finalmente, en 1971 acabou por eliminarse por completo o contido en prata desta moeda e incrementouse a súa produción, o que motivou un lixeiro aumento do seu uso por parte da poboación.
En 1975 e 1976 cuñouse un deseño especial da moeda de curso legal para conmemorar o Bicentenario dos Estados Unidos. Ademais da emisión estándar para a circulación, cuñouse tamén unha tiraxe especial con revestimento de prata destinada ao coleccionismo. Tamén en paralelo á emisión regular, en 1992 comezaron a producirse cuñaxes para introducir nos estoxos de presentación para os coleccionistas cun contido do 90 % de prata. E finalmente, en 2014 emitiuse unha versión especial do medio dólar Kennedy, non circulante, cun 99,99 % de ouro.
Aínda que a maioría das entidades bancarias dispoñen dunha ampla subministración de moedas circulantes de medio dólar, o seu uso segue a ser limitado. A produción dos medios dólares para a circulación xeral detívose en 2001, e entre 2002 e 2020 a súa cuñaxe limitouse a satisfacer a demanda dos coleccionistas, que debían adquirilo cun sobreprezo a través da tenda da Casa da Moeda. Finalmente, a partir de 2021 retomouse a súa produción para a súa posta en circulación ordinaria.Gilkes, P. (2021).
Inicio
Concepción da idea 150x150px 150x150px Anverso de Gilroy Roberts e reverso de Frank Gasparro da medalla presidencial de John F. Kennedy, que serviu como base para o deseño do medio dólar Kennedy.
Ás poucas horas do asasinato de John F. Kennedy o 22 de novembro de 1963, a directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Eva Adams, chamou o gravador xefe, Gilroy Roberts, para o informar de que xa se estaba a considerar seriamente a posibilidade de representar a Kennedy nunha das moedas de prata de maior valor facial: a dun dólar, a de medio dólar ou a dun cuarto de dólar. Adams contactou novamente con Roberts o 27 de novembro para dar vía libre ao proxecto, e indicoulle que a viúva do defunto presidente, Jacqueline Kennedy, prefería que se representase no medio dólar,"Reminiscences on the Creation of the Kennedy Half Dollar". 30 de abril de 1964. United States Mint. en substitución do deseño anterior, o medio dólar Franklin,Bardes, H. C. (1963-a-). Páxina 144. xa que non quería que George Washington deixase de aparecer no cuarto de dólar.Tomaska, R. (2011). Páxina 138.
Por mor do axustado do tempo —a cuñaxe da moeda debía comezar en xaneiro de 1964—, Roberts optou por modificar o busto de Kennedy que creara para o anverso da súa medalla presidencial, producida pola US Mint, en tanto que Frank Gasparro comezou a modificar o reverso que creara para a devandita medalla presidencial. Tanto o deseño de Roberts como do de Gasparro foran aprobados por Kennedy. Roberts reunírase co propio Kennedy no seu día para lle amosar os primeiros modelos da medalla e, aínda que non consta que o presidente lle dese a súa opinión, Roberts decidira facer algúns cambios logo da entrevista co presidente.Tebben, G. (2014). "John F. Kennedy half dollar a coin born from tragedy". En Coin World. 18 de xullo de 2014.
Logo da produción dos primeiros exemplares de proba na US Mint, Jacqueline e Robert F. Kennedy foron invitados a velos. A viúva apreciou os deseños, aínda que suxeriu que se modificase lixeiramente o cabelo e que se utilizase unha figura de corpo enteiro ou de medio corpo, en lugar do busto de perfil, ao que Roberts contestou que non había tempo para cambios dese calibre, por mor das limitacións de tempo, e tamén que consideraba que o perfil esquerdo lle daría á moeda un aspecto máis atractivo.
150x150px 150x150px Anverso e reverso da medalla de agradecemento de John F. Kennedy de 1962, creada por Frank Gasparro.
O deseño do reverso de Frank Gasparro para este medio dólar tamén estivo influído pola experiencia que adquiriu ao deseñar a medalla de agradecemento do presidente Kennedy. En 1962, Kennedy mandara cuñar 300 medallas de agradecemento na Casa da Moeda de Filadelfia, que posteriormente foron presentadas durante a súa viaxe do 23 de xuño ao 2 de xullo de 1963 á República Federal Alemá, á Alemaña Oriental, a Irlanda, ao Reino Unido, a Italia e á Cidade do Vaticano.Gomez, D. A. (2015). Páxina 75. O deseño do reverso da medalla de agradecemento de Kennedy representa un selo presidencial máis grande e detallado que o que deseñara para a medalla presidencial. A localización da iniciais FG, de Gasparro, é tamén similar —baixo a gadoupa dereita da aguia—, tanto na medalla de agradecemento como na moeda de medio dólar.
Proceso lexislativo A lei esixía a aprobación por parte do Congreso para calquera cambio dunha moeda que non levase máis de 25 anos en circulación, que era o caso do medio dólar Franklin vixente. A principios de decembro, o representante demócrata por Texas Henry Gonzalez presentou o proxecto de lei para que Kennedy puidese aparecer no novo medio dólar.Bardes, H. C. (1963-b-). Páxina 203. O 10 de decembro, o novo presidente, Lyndon Johnson, apoiou a solicitude de creación da nova moeda e pediu que se aprobase axiña para posibilitar que a súa cuñaxe comezase en xaneiro de 1964. Johnson declarou que as numerosas cartas recibidas nese sentido enviadas pola cidadanía o convenceran para estar de acordo co proxecto.Hunter, M. (1963). Páxina 1. O proxecto de lei para a autorización do novo medio dólar na honra de Kennedy foi aprobado o 30 de decembro de 1963."John F. Kennedy Half Dollar Coin Legislation: Public Law 88-256". United States Mint.Taxay, D. (1983) . Páxina 380
Lanzamento e produción No momento da súa aprobación xa se estaba a traballar na confección dos cuños e os primeiros estaban xa en disposición de comezar a cuñar o 2 de xaneiro de 1964, e inicialmente só se produciron uns poucos exemplares de proba.Rapsus, G. (2010). "Special Mint Set Product of 1960s". Numismaster.com. 17 de febreiro. As primeiras moedas de medio dólar Kennedy destinadas á súa posta en circulación cuñáronse na Casa da Moeda de Denver o 30 de xaneiro de 1964, e a semana seguinte incorporouse á produción da moeda a Casa da Moeda de Filadelfia. O 11 de febreiro de 1964 tivo lugar unha primeira cuñaxe cerimonial tanto en Denver como en Filadelfia.Bardes, H. C. (1964-a-). Páxina X21.
Acollemento inicial miniatura|170x170px|A directora da US Mint, Eva Adams (nunha medalla creada por Gasparro) xogou un papel decisivo na creación do medio dólar Kennedy. O Tesouro dos Estados Unidos puxo as moedas ao dispor da poboación a partir do 24 de marzo de 1964. Era tanta a expectación que se formou unha ringleira dunha mazá nos portelos do Departamento do Tesouro en Washington para facerse con algunha das 70.000 moedas que se distribuíron noese lote inicial. Malia a limitación de 40 exemplares por persoa, nun só día as moedas xa se acabaran e a ringleira seguía a medrar. Igualmente, os bancos en Boston e en Filadelfia racionaron a subministración da nova moeda, mais aínda así esgotaron as súas existencias en só medio día. A distribución en Nova York non comezou ata o día seguinte e alí tamén se impuxo o racionamento, para desgusto do xefe do departamento de moeda da compañía Gimbels, o maior comerciante do sector nesa cidade, que esperaba poder vender as moedas cunha prima para o seu beneficio.Raymont (1964). Páxina 38.
A nova moeda de medio dólar fíxose tamén popular en pouco tempo no estranxeiro. O subsecretario de Estado para Asuntos Africanos, G. Mennen Williams distribuíu exemplares nunha envoltura de plástico entre os presidentes e os ministros de Asuntos Exteriores das nacións do continente africano, e entre os embaixadores estadounidenses que prestaban servizo alí, co fin de "gañar amigos para os Estados Unidos en África"."Kennedy coins for Africans". En The New York Times. 8 de abril de 1964.
No ambiente de paranoia antisoviética que caracterizaba a época, pouco despois do lanzamento da moeda, a Casa da Moeda de Denver comezou a recibir queixas de que o medio dólar Kennedy amosaba o símbolo da fouce e o martelo no truncamento do busto de Kennedy. En resposta, Roberts declarou que a parte do deseño en cuestión non era outra cousa que o monograma constituído polas iniciais estilizadas do seu nome e o seu apelido (GR)."People: Apr. 17, 1964". En Time. 17 de abril de 1964.
A Casa da Moeda dos EEUU cuñou medios dólares Kennedy en grandes cantidades nun intento de satisfacer a enorme demanda. O Tesouro planeara inicialmente emitir 91 millóns de moedas en 1964, mais axiña aumentou esta cantidade a 141 millóns. Con todo, o anuncio á poboación deste incremento non conseguiu que se visen máis moedas en circulación —xa que a poboación as atesouraba— nin que baixase o seu prezo no mercado secundario.Bardes, H. C. (1964-b-). Páxina X17. A finais de novembro a US Mint cuñara xa aproximadamente 160 millóns de pezas, mais a moeda seguía sen se ver na circulación: os prezos da prata estaban a aumentar e a poboación seguía a atesourar as moedas.Bardes, H. C. (1964-d-). Páxina X26. Coa esperanza de que a produción de máis moedas con data de 1964 contrarrestase a especulación con elas, o Tesouro solicitou e recibiu autorización do Congreso para manter esa data en moedas que se producisen en 1965.Bardes, H. C. (1964-c-). Páxina X32. Finalmente, cuñáronse case 430 millóns de moedas datadas en 1964, unha cantidade maior que a do total cuñado para a circulación nos 16 anos que estivo en circulación o anterior medio dólar Franklin.