Hans von Boetticher, nado en San Petersburgo (Imperio Ruso) o 30 de agosto de 1886 (era un dos chamados alemáns do Báltico) e finado en Coburgo (Baviera) o 20 de xaneiro de 1958, foi un zoólogo alemán que traballou especialmente na ornitoloxía e na entomoloxía.

Traxectoria Boetticher traballou no Museo de Historia Natural de Coburgo. Varios dos seus traballos tratan sobre a taxonomía de nivel superior dos grupos de aves baseada na morfoloxía, a filoxenia e a bioxeografía.

Algunhas das súas outras obras inclúen as que publicou sobre os pinnípedes, pero a súa especial área de interese incluía patos e gansos, musofáxidos, psitácidos, pombas e aves mariñas. Describiu os xéneros de patos suramericanos Amazonetta e Speculanas. Algúns dos outros taxons de aves que el chamou como Galapagornis xa non son válidos.Galapagornis Boetticher 1949, Beitr. Gattungssyst. Vogel. (Goecke & Evers) Krefeld 1949, 27. Aves.

Algunhas publicacións Entre outras, escribiu unha serie de libros sobre as familias de aves, como: Gänse- und Entenvögel aus aller Welt (1952) Albatrosse und andere Sturmvögel (1955) Lärmvögel, Turakos und Pisangfresser (1955) Fasanen, Pfauen, Perlhühner und andere Zierhühner (1956) Pelikane, Kormorane und andere Ruderfüßler (1957)

Abreviatura A abreviatura Boetticher emprégase para recoñecer a Hans von Boetticher como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazons externas Boetticher, Hans von en Deutsche Biographie .

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades sen imaxes