Malung-Sälen é un concello sueco (kommun) do condado de Dalarna. A súa capital é Malung. Ata o ano 2007 o municipio chamouse Malung, e trátase do único de Suecia con dous nomes de localidades. En setembro do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 10 198 habitantes.

A montaña máis meridional de Suecia, Transtrandsfjällen, atópase no norte do municipio. As partes do sur do concello son máis baixas, con zonas de premontaña ricas en turbeiras moi accidentadas. Dende a década de 1980 o turismo domina a economía local, en particular o turismo relacionado co esquí na zona de Sälen.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación foi negativa, coa excepción dalgúns anos. Porén, a finais da década de 2010 a tendencia comezou a cambiar.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Dalarna