thumb|200px|Folla pinnaticomposta, paripinnada e opositipinnada thumb|200px|Folla pinnaticomposta, imparipinnada e alternipinnada thumb|190px|Folla de Cocos nucifera, pinnatisecta.

Pinnado (feminino pinnada),pinnado, pinnada no Dicionario da RAG. derivado do adxectivo latino pinnātus, -a, -um, "con ás ou aletas", é un termo botánico, xa empregado por Linneo.

O termo designa aqueles órganos foliáceos ou laminares que posúen folíolos máis ou menos numerosos —sempre máis de tres— aos lados dun eixe principal —o raque—,raque, 3ª acep. no Dicionario da RAG. a modo das barbas das plumas das aves.Font Quer, P. (1982) p. 836Allaby, M. (1984) p. 309

Termos derivados De pinnado derívanse o prefixo pinnati- e os sufixos -pinnado e -pinnada, cos que se compoñen distintos termos relacionados coas follas:

Con pinnati- Follas pinnaticompostas: son as follas que se estruturan de forma pinnada, é dicir, follas compostas con numerosos folíolos ao longo do raque, que poden ser:Font Quer, P. (1982) p. 836 Pinnatidividido: órgano foliáceo dividido segundo os nervios pinnados. Pinnatífido: órgano foliáceo pinnado con marxe fendida como moito até a metade do semilimbo.Allaby, M. (1984) p. 309 Pinnatinervio: nervio do órgano foliáceo composto por un eixe central e nervios secundarios que parten a ambos os lados de aquel. É o tipo de nervios da gran maioría das dicotiledóneas, cuxa ramificación é monopódica e racemosa]. Pinnatipartido: órgano foliáceo de nervadura pinnada con marxe fendida até máis alá da metade do semilimbo, pero sen alcanzar o nervio principal ou raquídeo. Pinnatisecto: órgano foliáceo de nervadura pinnada con marxe tan fendida que alcanza o nervio medio. As follas desta forma son sempre follas compostas. Por exemplo as follas da tomateira, do perexil, ou do fiúncho. Porén, as follas do mexacán, que pudieran parecer pinnatisectas, son runcinadas.Polunin, O. (1991) p. 550

thumb|160px|Folla bipinnada de Acacia nilotica.

Con -pinnado Pode ocorrer que unha folla au outro órgano laminar se divida pinnadamente e que cada folíolo sexa, á súa vez, pinnado; entón fálase de órgano bipinnado. Se a división continúa, pode ser tripinnado. Neste caso, o prefixo é bipinnati- ou tripinnati-, de forma que poden ser bipinnaticomposto —como sinónimo de bipinnado—, bipinnatífido —dúas veces pinnatífido—, bipinnatipartido —dúas veces pinnatipartido—, bipinnatisecto —dúas veces pinnatisecto— e de igual forma se aplica co prefixo tri-.Font Quer, P. (1982) p. 140

Con -pinnada Imparipinnada: posúen un último folíolo que remata ao final do raque, polo que o seu número é impar.Font Quer, P. (1982) p. 611Lancha e Sempere (1988) p. 214 Paripinnada: sen folíolo terminal, polo que o número de folíolos é par. Pode terminar en gabiáns —foja cirrosa—, nunha pequena aresta, ou noutras estruturas.Font Quer, P. (1982) p. 223 Son paripinnadas as follas da alfarrobeira e o lentisco, por exemplo.Font Quer, P. (1982) p. 805 Opositipinnada: os folíolos dispóñense de forma oposta ao longo do raque, os folíolos parten do mesmo lugar no raque.Font Quer, P. (1982) p. 777 Alternipinnada: os folíolos sitúanse de forma alterna ao longo do raque, é dicir, entre cada dous dun lado hai un no lado oposto.Font Quer, P. (1982) p. 42

Notas

Véxase tamén Bibliografía Allaby, M. (1984): Diccionario del Medio Ambiente. Madrid: Pirámide. ISBN 978-84-3680-249-8. Font Quer, P. (1982): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3355-804-8. Lancha, José Manuel e Teresa Sempere (2000): Diccionario de ciencias naturales: Usos y etimologías. México, D.F.: Siglo XXI Editores. ISBN 978-96-8232-089-7. Polunin, O. (1991): Guía de campo de las flores de Europa. 4ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-378-4.

Categoría:Termos botánicos Categoría:Morfoloxía vexetal