Fukuoka (福岡市, ふくおかし, Fukuoka-shi) é unha cidade da prefectura de Fukuoka, no sur do Xapón, a máis importante da illa de Kyūshū, capital da prefectura do seu nome. Sitúase ó oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikuzen, na beira da baía de Hakata fronte ao Estreito de Tsushima, situación estratéxica que fai o seu porto fundamental no tráfico con Corea do Sur e a China. Ten 341,11 km² de superficie, unha poboación de 1 446 644 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.240 h/km².
O concello de Fukuoka limita cos concellos de Itoshima, Nakagawa, Kasuga, Ōnojō, Umi, Shime, Kasuya, Hisayama, Shingū (estes son da prefectura de Fukuoka); Saga, Kanzaki e Yoshinogari (estes últimos son da prefectura de Saga).
Historia Prehistoria Os intercambios entre o continente e norte da illa de Kyūshū datan do Paleolítico. Crese que ondas de inmigrantes chegaron ao norte de Kyūshū dende a Asia continental. Desta época consérvanse diversos Kofun.
Por iso considérase a Fukuoka coma a cidade máis antiga do Xapón. O certo é que na área aparecen os primeiros asentamentos dunha nova cultura, a Yayoi, que no primeiro milenio antes da nosa era pódese considerar a nai de Yamato, que será o inicio da dinastía imperial nipoa. O sitio arqueolóxico de Yoshinogari (a 20 quilómetros ao sur) pode ter sido unha protocapital. E na mesma cidade de Fukuoka, o de Itazuke (a carón do aeroporto), datado ao redor do ano 400 a.C., dá conta do elemento primordial que supuxo a revolución: a introdución no Xapón do cultivo do arroz. Tratábase dunha aldea protexida por un amplo foxo fóra do cal estendíanse os campos do cereal.
O progreso que reportou o novo cultivo consolidou no lugar nos séculos seguintes un estado vasalo da dinastía Han (do ano 57 d.C. achouse un valioso selo imperial de ouro), chamado Nakoku, que para a terceira centuria, segundo textos dos Tres Reinos, contaba con 20.000 fogares (hai varios asentamentos espallados por toda a área metropolitana ).
Hakata En 663, xa no período imperial xaponés (Yamato), a capitalidade da illa de Kyushu (e de todo o suroeste do Xapón) foi trasladada por seguridade uns quilómetros ao interior, a Dazaifu. O seu porto vai ser Hakata, primeira denominación de Fukuoka e barrio actual na beira oriental da desembocadura do río Naka.
Alí constrúese o Korokan, institución diplomática e mercantil para os intercambios co continente . Hakata vai ser no período Heian (s. VIII-XII) o porto máis importante do arquipélago converténdose nun centro cosmopolita cunha gran colonia chinesa e grandes importacións de cerámica Tang e Song. Moitos templos de diferentes confesións foron erixidos arredor da baía (xintoístas, budistas, zen). miniatura|dereita|250px|Muro defensivo en Hakata contra os mongois
Na metade do século XII liberalízase o comercio. O máis poderoso samurai do tempo, Kiyomori Taira, constrúe en 1161 unha illa artificial (Okinohama) coma peirao para o tráfico portuario no que ata entón era só un excelente fondeadeiro natural. É o comezo do moderno porto de Hakata (Sodeno Minato). Á illa únense aos templos-monasterio mediante pontes.
O comercio co continente florece aínda máis e a afluencia de novos continxentes de estranxeiros increméntase dando lugar a barrios (xeralmente de chineses) coñecidos coma daitougai. Non se reducirá, mesmo ao contrario crecerá despois de que en 1274 a nova dinastía mongol que goberna China, os Yuan de Kublai Khan tentan invadir o Xapón. O punto de entrada será a baía de Hakata. Os xaponeses constrúen unha liña de fortificacións ao longo da baía (1276). Pero será un vento divino (kamikaze) o que destrúe a frota inimiga o que salvará ao país (1281).
Fukuoka En 1587, tralas guerras civís que provocaron o incendio e devastación de Hakata, Toyotomi Hideyoshi, o unificador do país, reconstrúe a cidade cun plan urbano coñecido coma Taiko Machi-wari ou división en doce bloques (nagare). Ademais a declara cidade autónoma libre de impostos, gobernada polos cidadáns e prohibida aos samurais.
O daimyo herdeiro do distrito, Kuroda Nagamasa, establece en 1601-7 na outra beira do Naka un novo asentamento arredor dun castelo (no mesmo lugar do antigo Korokan, e cun foxo inundado polas augas do río), Fukuoka (polo seu lugar de orixe). Nace así a cidade dual: portuaria e comercial ao leste; señorial dos samurai a oeste. A illa que existía na metade do río desenvólvese, pola súa ambigua posición de fronteira, no hoxe chamado distrito vermello (Nakasu).
Esa estrutura vaise manter ata o fin do período Edo. Coa nova era Meiji (1868), unha reorganización administrativa comporta a unión de ámbalas dúas cidades nunha soa municipalidade (1899, con polémica na elección de Fukuoka coma nome definitivo). O castelo feudal desmantélase en 1871. Tamén é o tempo da chegada do ferrocarril (Estación de Hakata).
O crecemento da cidade no século XX vén da man do de seu porto mediante recheos na baía. A urbe esténdese primeiro ao longo da súa beira, cara ao leste e oeste; e despois cara ao interior seguindo o val do río Naka.
Bombardeada na segunda guerra mundial, a cidade recuperou o pulo á vez do país, tentando dende o sur acadar a importancia que tivo, e competir coas grandes metrópoles xaponesas.
División administrativa O concello de Fukuoka divídese en 7 barrios (ku 区): Chuuou-ku (中央区, ちゅうおうく) - O concello está neste barrio e tamén hai moitos centro comerciais no distrito de Tenjin, como centro de cidade. Hakata-ku (博多区, はかたく) - Neste barrio tamén están moitos centro comerciais e tendas. A estación de Hakata está neste barrio. Higaxi-ku (東区, ひがしく) Jounan-ku (城南区, じょうなんく) Minami-ku (南区, みなみく) Nixi-ku (西区, にしく) Sawara-ku (早良区, さわらく) Fukuoka divídese en 7 barrios: BarrioPoboaciónSuperficieDensidade 250px en 2004 km²'' por km²16px Higashi-ku275 65266.684 13416px Hakata-ku190 17831.476 04316px Chūō-ku163 97515.1610 81616px Minami-ku247 91330.988 00216px Jonan-ku127 95216.027 98716px Sawara-ku207 85195.882 16816px Nishi-ku177 62583.812 119
Transporte Aeroporto de Fukuoka Porto de Hakata Estación de Hakata
Universidades Universidade de Kyūshū (九州大学) Universidade de Seinan-Gakuin (西南学院大学) Universidade de Fukuoka (福岡大学)
Turismo Santuario xintoísta de Hakozaki-gū (筥崎宮, en Higashi-ku) Santuario xintoísta de Kashii-gū (香椎宮, en Higashi-ku) Galería de imaxes
Cidades irmandadas Oakland (1962) Guangzhou (1979) Bordeos (1982) Auckland (1986) Ipoh (1989) Atlanta (2005) Busan (2007)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón Xapón Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Fukuoka Sitio oficial da cidade de Fukuoka
Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón