O Santuario das Aparicións ou Santuario do Inmaculado Corazón de María é un santuario mariano en Pontevedra. Aparecéronselle aquí, segundo relata Sor Lucía, o Neno Xesús e a Virxe María en 1925 e 1926 e, co corazón rodeado de espiñas, reveláronlle a devoción dos cinco primeiros sábados.

É o terceiro destino de peregrinación mariana máis visitado do mundo, con máis de 12 millóns de visitas rexistradas ata 2022.

Localización O santuario está situado na rúa Sor Lucía, 3, no centro histórico de Pontevedra.

Historia No lugar onde se atopa o santuario, había un edificio da Alta Idade Media, do que se conservan restos de cantaría e unha porta tapiada con relevos decorativos.

O edificio foi construído a mediados do século XVI. No século XIX, foi o palacio da familia Arias Teixeiro (Antonio e José, pai e fillo), sendo este último un político carlista e ministro universal.

En 1918, o marqués de Riestra alugouno ás irmás Doroteas que abriron nel un colexio.

En 1925, Sor Lucía, unha das tres videntes de Fátima, pasou a ser irmá dorotea en Galicia. Na súa habitación deste convento de Pontevedra, dous meses despois da súa chegada, o 10 de decembro de 1925, Sor Lucía tivo unha visión do Neno Xesús e da Virxe María co corazón rodeado de espiñas. A segunda aparición do Neno Xesús tivo lugar o 15 de febreiro de 1926 no xardín do convento. En 1927, Sor Lucía escribiu que a Virxe, na aparición de 1925, explicáralle en que consistía a comuñón dos primeiros sábados.

A Comuñón dos Primeiros Sábados consiste en confesarse, comungar todos os primeiros sábados de mes durante cinco meses (en reparación de cinco tipos de blasfemia), rezar o rosario e meditar os seus misterios.

O Papa Xoán Paulo II concedeulle a categoría de santuario no ano 2000 con motivo do 75º aniversario das aparicións.

O edificio foi reformado en 2022, co acondicionamento da segunda planta e unha nova cuberta.

O santuario é coñecido como a "Fátima española".

Descrición O edificio relixioso, tamén coñecido como a Casa das Aparicións, ten dúas plantas. A fachada é de pedra e ten un estilo sinxelo. Na planta baixa destacan o zócolo de pedra e os arcos de medio punto sostidos por medias columnas toscanas do século XV que enmarcan a porta e as xanelas.

No interior, hai unha capela principal (na planta baixa) e unha pequena capela onde o Neno Xesús e a Virxe María aparecéronse á irmá Lucía, a vidente de Fátima. Tamén hai unha porta tapiada cun arco conopial do século XVI. No primeiro piso están as habitacións do albergue do convento, que conta con 60 camas en diferentes habitacións de ata catro camas, e que a conferencia episcopal vai converter nun albergue de peregrinos. No segundo piso está a cela onde, segundo a crenza cristiá, a Virxe María apareceuse a Sor Lucía o 10 de decembro de 1925.

O edificio conta tamén cun xardín interior onde o Neno Xesús apareceuse a Sor Lucía o 15 de febreiro de 1926. O antigo claustro medieval, de finais do século XV, tiña arcos de medio punto sostidos por columnas toscanas.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Aparicións de Pontevedra

Ligazóns externas

Páxina web oficial do Santuario Planos do santuario Fátima Pontevedra - La comunión reparadora

Categoría:Santuarios de Galicia Aparicions