Antônio Bento dos Santos, máis coñecido como Bentinho, nado en Montes Claros, Minas Xerais, o 18 de decembro de 1971, é un exfutbolista brasileiro. É irmán do tamén exfutbolista Bento.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Portuguesa, club no que tamén militaba o seu irmán máis vello, Bento. Foi compañeiro de Dener nas categorías inferiores, ata que subiu ao primeiro equipo en 1988. Xogou ata 1993 co equipo paulista (exceptuando unha breve cesión ao São José), marcando 62 goles nesa primeira etapa.
Nos seguintes anos alternou clubs asiáticos como o Al Hilal saudita ou o Tokyo Verdy e o Kashiwa Reysol xaponeses, con clubs brasileiros como o São Paulo, o Botafogo, o Cruzeiro e o Atlético Paranaense, ademais de pasar dúas veces máis polo Portuguesa. En 1995, militando no São Paulo, foi o máximo goleador do Campionato Paulista, empatado a 20 goles con Paulinho McLaren, do Portuguesa. En 1997 gañou con Botafogo o único título da súa carreira, o Campionato Carioca, despois de derrotar na final ao Vasco da Gama. Puxo fin á súa carreira en 2004, nas filas do Avispa Fukuoka do Xapón.
Palmarés Botafogo Campionato Carioca (1): 1997.
Individual Máximo goleador do Campionato Paulista (1): 1995 (São Paulo).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ogol.com.br .
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no estado de Minas Xerais Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos Categoría:Xogadores do Al-Hilal Categoría:Xogadores do Tokyo Verdy Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Kashiwa Reysol Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do Cruzeiro EC Categoría:Xogadores do CA Paranaense Categoría:Xogadores do Kawasaki Frontale