Para a provincia homónima en Zambia, véxase Provincia do Noroeste (Zambia).

Noroeste é unha das nove provincias que forman a República de Suráfrica. A súa capital é Mafikeng.

Xeografía Situada ao norte do país, a unha altitude media de 1.453 msnm, limita ao norte con Botswana, a nordeste con Limpopo, ao leste con Gauteng, ao sur co Estado Libre e ao oeste co Cabo Setentrional.

Ocupa unha superficie de 104.882 km². Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 3.509.953 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 33 hab./km².

Historia Foi creada tras a fin do Apartheid en 1994, e inclúe partes das antigas provincias de Transvaal e da provincia do Cabo, así como a maior parte do antigo Bantustán de Bofutatsuana.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Goberno da Provincia do Noroeste Oficina de turismo da Provincia do Noroeste

Categoría:Xeografía de Suráfrica