Wiretap Scars é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-hardcore Sparta, publicado o 13 de agosto de 2002 a través do selo DreamWorks Records. O disco chegou ao número 71 da lista estadounidense Billboard 200, e lanzouse tan só cinco meses despois do seu EP de estrea, Austere. O álbum está moi influenciado pola música de At the Drive-In, banda na que tocaron a meirande parte dos membros de Sparta antes da súa separación en 2001.

As voces e o nome dos temas reflicten en particular os de Relationship of Command de At the Drive-In, o último álbum lanzado polo grupo. Isto contrasta coa música de The Mars Volta, formado por outros dous membros de AtDI (Omar e Cedric), que se afasta completamente do xénero do post-hardcore.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Sparta Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums producidos por Jerry Finn Categoría:Álbums de DreamWorks Records