Ángela Segovia Soriano, nada en Las Navas del Marqués (Ávila) en 1987, é unha poeta e investigadora española, gañadora do Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2017.
Traxectoria Segovia naceu e pasou a súa adolescencia na poboación abulense de Las Navas del Marqués, onde os seus pais rexentaban unha panadaría. Nesa época, a autora afeccionouse á lectura de Cortázar, que a introduciu no gusto vangardista. Con 14 anos, comezou a ler intensivamente poesía mentres paseaba polos piñeirais, e estando aínda no instituto escribiu o seu primeiro poema como un traballo de clase. Mudouse a Madrid para estudar Publicidade na Universidade Complutense e en 2007 publicou o seu primeiro poemario ¿Te duele? co que gañou o V Premio Nacional de Poesía Joven Félix Grande en 2009. Máis tarde, licenciouse en Teoría de Literatura e Literatura Comparada na mesma universidade.
Durante a súa estadía en París, empezou a fraguarse o seu segundo libro de paso a la ya tan que publicou en 2013. Nese mesmo ano, realizou en Barcelona un mestrado sobre Estudos Literarios e Culturais na Universidade Autónoma de Barcelona. En 2014, iniciou unha viaxe por Perú e Chile para coñecer de primeira man a poesía latinoamericana. De volta a España, en 2015, conseguiu unha bolsa de creación da Residencia de Estudantes, e alí terminou o seu terceiro poemario que iniciara durante a súa estadía en Santiago de Chile, La curva se volvió barricada, un libro cualificado pola crítica de «singular» e co que gañou o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández en 2017, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e dotado con 20.000 euros. Segundo o xurado, foille concedido «por representar a apertura da poesía española cara a novos camiños que tenden pontes con novas formas de expresión artística e coa poesía hispanoamericana».
Ademais de na poesía, fixo incursións no teatro alternativo co proxecto Cuarto para niños vivos que no quisieron nacerco que participou nos V Encontros Magalia de Teatro Alternativo. Fixo as pezas de investigación escénico-poética Guerra-vacas (Espazo La Nave, Madrid, 2009), El muro esta noche el río eclíptico (Zírculo Inestable de Xiz, La Tabacalera, Madrid, 2011), Ganas dan decirte muchas de (Festival Intersecciones Poéticas, 2015) e Archiva vía metalada (Picnic Sessions, CA2M, Móstoles, 2015).
Desde hai varios anos, participa activamente no Seminario de investigación en linguas e linguaxes dos últimos días do euro Euraca, sobre poesía.
En 2017, traduciu ao navero (fala de Las Navas del Marqués) o poemario CO CO CO Ou de Luz Pichel, escrito orixinariamente na variante do galego falada na lingua da autora.
Obra Poesía
¿Te duele? (2007). Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes. Premio Nacional de Poesía Joven Félix Grande 2009. de paso a la ya tan (2013). Ártese Quien Pueda Ediciones. La curva se volvió barricada (2016). Editorial La Uña Rota. Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2017. 80 páxs. ISBN 9788495291424. Amor divino (2018). Editorial La uÑa RoTa. Ilustracións de Ramón Sanmiquel. 224 páxs. ISBN 9788495291660. Mi paese salvaje (2021). Editorial La uÑa RoTa. 172 páxs. ISBN 978-84-95291-97-4.
Novela Las vitalidades (2022). Editorial La uÑa RoTa. 108 páxs. ISBN 9788418782206. Outro Pusieron debajo de mi mare un magüey (co ensaio "El vado de la lírica") (2020). Editorial La uÑa RoTa. 60 páxs. ISBN 978-84-95291-82-0. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Entrevista Cara a cara en RTVE. La curva que se volvió barricada: blog da autora Seminario Euraca.
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados na provincia de Ávila