Xurxo Trillo Sendón, ás veces estilizado como XUR, nado en Lira (Carnota) o 23 de xuño de 1998, é un cantante, compositor, xornalista e comunicador audiovisual galego. Fíxose coñecido tras a súa participación no programa My Camp Rock de Disney Channel España.

Traxectoria

2009-2012: Comezos, My Camp Rock, Cántame Una Canción e TVG Á idade de 9 anos, Xurxo Trillo gravou un vídeo interpretando a canción "This Is Me", de Demi Lovato para a primeira edición do concurso My Camp Rock de Disney Channel España. O concurso consistía nun campamento de verán onde aprendían nenos e nenas a cantar, bailar e actuar, e onde os monitores eran estrelas Disney. Trillo, baixo o nome artístico Ñas, acabou de quinto clasificado. Como consecuencia desta participación comezou as súas primeiras colaboracións na Televisión de Galicia, en programas como Acompáñenos ou O país dos ananos. No tempo, Trillo tamén iniciou estudos musicais na escola de música Esmu, de Carnota, onde recibiu formación instrumental, vocal e en linguaxe musical.

En 2010, con doce anos, fichou pola cadea televisiva Telecinco para participar no programa musical Cántame Una Canción, presentado por Pilar Rubio; alí coincidiu con outros artistas coma Amaia Romero ou María Parrado e cantou a canda artistas como Laura Esquivel (protagonista da serie infantil Patito Feo) ou Sergio Rivero (gañador da cuarta edición do concurso Operación Triunfo). Tamén asistiu como convidado á gala final do programa ¡Más que Baile!! (anteriormente ¡Mira Quien Baila!). Durante este tempo en Madrid, recibiu formación dos profesores Raquel Soto, Arnau Vilà e Joan Carles Capdevila. Ao tempo, aparecía no programa Bos días da Televisión de Galicia e facía de colaborador musical no programa Un mundo de nenos.

2012-2018: La Voz Kids España e dobraxe Á idade de 14 anos, regresou a Telecinco para participar na primeira edición do concurso La Voz Kids España. Xurxo Trillo comezou a formarse en técnica vocal e jazz na academia Escola Estudio de Santiago de Compostela (recibindo clases dos profesores Ramón Bermejo e Robert Sussuma) e admíteno no Coro da Ra, co que participa en eventos organizados por empresas como LOS40 ou Cadena SER. En 2016, comeza os seus estudos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

Ao ano seguinte, 2017, traballou como actor de dobraxe para Disney Channel España, concretamente na serie Star contra las Fuerzas del Mal. Na serie participou na banda sonora e deulle vida ao personaxe Justin Towers. A participación neste proxecto deulle máis traballos na dobraxe e na locución, e puxo voz a diversos anuncios publicitarios e a material multimedia de libros de texto. Tamén dobrou a personaxes clásicos de Disney nunha colaboración coa Banda de Música de Pontevedra.

2018-presente: Puñales, The XUR Show e Sálvame En 2018, Xurxo Trillo marchou a Madrid para traballar nun proxecto musical de seu. Alí aprendeu composición discográfica e en Barcelona produciu o seu primeiro EP con Miguel García (Allnightproducer), coñecido por traballar con artistas como Omar Montes, Edurne, Carlos Baute ou Dvicio.

O 6 de maio de 2022 Trillo, xa co nome artístico de XUR, publicou o seu primeiro sinxelo, Colibrí. A canción, en castelán, vén canda un videoclip onde colaborou Carlos Cabezas, un director de cine que tiña traballado con Belén Aguilera, Lola Índigo, Óscar Casas ou Manu Ríos. O 3 de xuño de 2022 presenta o primeiro álbum de estudio, Puñales.

Nese ano Trillo finalizou os seus estudos universitarios, especializándose en industria televisiva na Universidade San Pablo CEU e tamén comezou o podcast The XUR Show, entrevistando a celebridades españolas. A primeira tempada do podcast foi recomendada por medios como La Voz de Galicia ou Cadena SER. A segunda tempada logrou posicionarse entre o 10% dos podcasts máis compartidos a nivel mundial en Spotify, segundo Spotify Wrapped, e entrar no Top 100 -Cultura e sociedade- de Apple Podcasts segundo Podstatus. Algúns dos invitados estrela foron a xornalista Lydia Lozano, o actor da serie Élite (Netflix) Álvaro de Juana, a cantante María Parrado, o dúo Marlena (tras acadar o seu primeiro disco de platino) ou a cantante e actriz Lucía Gil. En outubro de 2023 estreouse unha terceira tempada, que por primeira vez incorpora vídeo e á que se suma un equipo de colaboradores profesionais do mundo do entretemento que comentan temas de actualidade.

Doutra banda, XUR presentouse no programa Sálvame Diario como afillado da xornalista do corazón Lydia Lozano, e anunciou a súa participación no concurso musical Sálvame Mediafest, onde acabou no terceiro posto.

O segundo sinxelo do cantante non se publica ata o 21 de xullo de 2023. Trátase dun tema de pop-rock que leva por título Lucas. Con este, XUR súmase ao movemento de artistas emerxentes LGBTIQ+ que empregan as súas creacións musicais para encarar ao odio. Ademais, o contraste que xera o traballo visual con respecto ao seu anterior proxecto marca o fin dunha etapa, ao pasar dunha paleta de cores tétrica a unha vívida e colorida. A canción convírtese no traballo máis escoitado de XUR ata entón, e despois dunha xira de medios e concertos en Galicia e Madrid, é seleccionado para interpretala na celebración do concerto número 1.000 do WiZink Center de Madrid, xunto a outras promesas emerxentes e varios artistas consagrados como Miss Cafeína ou Raphael. O 7 de decembro anuncia a súa primeira xira nacional en solitario, XUR On Tour.

En xaneiro de 2025, co-escribe o tema Amores de Verano de Nerea Rodríguez en colaboración con Hugo Cobo (ambos coñecidos tras a súa participación no programa televisivo Operación Triunfo). A canción lanzouse como sinxelo do primeiro álbum de estudio da artista. É en xuño deste mesmo ano cando XUR publica o seu primeiro tema en galego, ‘Ondas de Lira’, lanzado en colaboración co Concello de Carnota.

Filmografía

Series de televisión AnoTítuloPersonaxeEpisodiosCadea2017Star contra las Fuerzas del MalJustin Towers4 episodiosDisney Channel España

Programas de televisión AnoTítuloRolCadea2009My Camp RockConcursanteDisney Channel EspañaAcompáñenosConvidadoTVGO país dos ananos2010Cántame Una CanciónParticipanteTelecinco¡Más que Baile!ConvidadoBos díasTVG2011Un mundo de nenosColaborador2012A SolainaConvidado2014La Voz Kids EspañaConcursanteTelecinco2018Vin polo ventoConvidadoTVGBamboleo2022Sálvame DiarioTelecincoSálvame MediafestConcursante2025LuarConvidadoTVG

Discografía

Álbums de estudo TítuloDetalles de álbumPosición máis altaESPPUÑALESPrimeiro álbum de estudio como solista (EP) Lanzamento: 3 de xuño de 2022 Formato(s): Descarga dixital―

Cancións AnoCanciónNotas2017«Solo Amigos» (de "Star contra las Fuerzas del Mal")Banda sonora da serie de Disney Channel España.«Hasta Que Te Vi» (de "Star contra las Fuerzas del Mal")2022«Colibrí»Composicións propias.«Tierno»«666»«Tarde»«Preludio»«Interludio»2023«Lucas»Composición propia.2025«Ondas de Lira»Composición propia.

Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaResultado2010Cántame Una CanciónMellor Interpretación

Notas

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Carnota Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU