Mira quen fala tamén (en ) é un filme estadounidense de 1990 dirixido por Amy Heckerling. É a secuela de Mira quen fala (1989). Está protagonizado polos membros orixinais do elenco, John Travolta e Kirstie Alley, nos papeis de James e Mollie Ubriacco, os pais de Mikey (voz de Bruce Willis), un neno que fai fronte á nova incorporación á familia, a nena Julie (voz de Roseanne Barr). Ademais disto, está a ter problemas para usar o penico, e os consellos pouco ortodoxos que recibe do seu compañeiro de xogos, Eddie (coa voz de Damon Wayans), non melloran o seu problema.
Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 1994 a través da TVG.La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 1994. Páx. 79
Personaxes John Travolta como James Ubriacco/Voz das células do esperma de James Kirstie Alley como Mollie Ubriacco/Voz do óvulo de Mollie Lorne Sussman como Mikey Ubriacco Megan Milner como Julie Ubriacco (con 1 ano) Georgia Keithley como Julie (con 4 meses) Nikki Graham como Julie (feto) Danny Pringle como Eddie Elias Koteas como Stuart Jensen Twink Caplan como Rona Olympia Dukakis como Rosie Jensen Lesley Ewen como Debbie Gilbert Gottfried como Joey Don S. Davis como Dr. Fleischer
Voces Bruce Willis como Mikey Ubriacco Roseanne Barr como Julie Ubriacco Damon Wayans como Eddie Mel Brooks como Mr. Toilet Man
Notas
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Amy Heckerling Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1990 con versión en galego