Lucía de Trípoli (tamén Lucía de Antioquía ou Lucía de Poitiers), finada no 1299, foi a derradeira condesa de Trípoli (1287 - 1288) e princesa titular de Antioquía. Dende a toma da cidade polos mamelucos en 1268, o seu título de princesa de Antioquía foi soamente honorífico.

Era filla de Bohemundo VI de Antioquía e de Sibila de Armenia e crese que morreu polo 1299, sen descendencia.

Traxectoria

Orixes Lucía foi a derradeira descendente de Raimundo de Poitiers (1098 - 1149), o fillo máis novo de Guillerme IX, duque de Aquitania e Gascuña. O matrimonio de Raimundo foi concertado con Constanza, princesa de Antioquía, mentres el estaba aloxado en Inglaterra co rei Henrique I. Raimundo respectaba así a tradición da época, que pretendía que o fillo máis novo fose buscar fortuna nos reinos francos de Oriente.

Familia e marcha a Europa Filla de Bohemundo VI e da súa muller, Sibila de Armenia, Lucía deixou Terra Santa despois da súa voda para instalarse primeiro en Puglia e despois en Auxerre, mentres que o seu irmán Bohemundo VII era educado na corte do seu tío, o rei León III de Armenia, en Cilicia. Outras dúas irmás, Isabel e María, esposa de Nicolas de Saint-Omer, alguacil de Morée, morreron novas.

Cando Bohemundo morreu a finais de 1287,Robinson 1992, p. 391 sen fillos da súa muller Margarida de Beaumont, neta de Xoán de Brienne, a aristocracia local ofreceu o condado á súa nai Sibila. Esta aceptou e insistiu en nomear rexente ao bispo de Tortosa, que xa gobernara durante a minoría do seu fillo pero que era moi pouco apreciado. A nobreza local rexeitouno e advertiron que a liña sucesoria estaba rota polo que se gobernarían como nunha Comuna a semellanza de Acre. A seguir, apoiados polos templarios que odiaban ao bispo, nomearon como alcalde a Bartolomeu Embriaco, conde de Gibelet

Retorno a Trípoli En 1288, retornou Lucía e reclamou o poder como herdeira lexítima mais a Comuna non a aceptou por mor do seu matrimonio en 1275 o 1278 con Narjot de Toucy en Auxerre. Como Bartolomé Embriaco era de orixe xenovesa, a Comuna buscou axuda no Dux de Xénova. Este aceptou decontado para controlar un importante centro comercial, e mandou cinco galeras de guerra. Pola contra, Lucía, recibiu o apoio de Venecia, que se opoñía aos xenoveses, e dos templarios que eran aliados, tamén de Venecia.Robinson 1992, p. 392

Pero, aos poucos, as alianzas mudaron de signo. O líder da Comuna, molesto cos xenoveses porque trataron de instalar un podestá -un administrador oficial de Xénova- polo que corrían o risco de quedar como unha colonia xenovesa, e decidiron recoñecer a Lucía mais esta, inesperadamente, se aliou cos xenoveses outorgándolles privilexios comerciais de paso. Os venecianos e pisanos, que tamén comerciaban con Trípoli, estaban moi desgustados e, parece ser que, conspiraron con Qalawun, o sultán mameluco, para atacar a cidade. Qalawun comezou o Asedio de Trípoli en marzo de 1289 levando catapultas contra a cidade e, malia a axuda de Hugo de Chipre que mandou un pequeno grupo de cabaleiros, un mes despois, a cidade foi capturada o 26 de abril e Lucía tivo que fuxir a Chipre. Trípoli foi arrasada, a poboación masacrada ou reducida á escravitude e unha fortaleza reconstruída no interior, ao pé do monte Pelerin, por orde de Qalawun. Dous anos despois, San Xoán de Acre, a derradeira fortaleza cruzada en Terra Santa trala perda de Margat, Latakia, Tiro e Beirut, caeu á súa vez.

Matrimonio e descendentes As pretensións do seu soberano, Carlos de Anjou, sobre o reino de Xerusalén favoreceron o casamento de Narjot IV de Toucy, señor de Laterza, capitán xeral de Durazzo e almirante do reino de Sicilia, con Lucía, con quen casara en Auxerre. arredor de 1275 ou 1278. Narjot de Toucy nunca chegou a Trípoli, demasiado ocupado cos negocios no Reino de Nápoles, onde morreu en 1292.

Tiveron un fillo, Filipe de Toucy, que herdou o señorío de Laterza á morte do seu pai e o título de pretendente de Antioquía. Morreu despois de 1300, despois de estar brevemente casado con Éléonore d'Anjou.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

http://www.orient-latin.com/ Steven Runciman, A History of the Crusades, Cambridge University Press, 1951-1952-1954

Categoría:Finados en 1299 Categoría:Príncipes de Antioquía Categoría:Cruzadas Categoría:Condes de Trípoli