The Farther é un filme británico-francés de 2020 dirixido por Florian Zeller no seu debut como director. Zeller escribiu o guión xunto co seu compañeiro Christopher Hampton, e baséase na propia obra de Zeller Le Père, que forma parte dunha triloxía que inclúe Le Fils e La Mère.Está protagonizado por Anthony Hopkins, Olivia Colman, Mark Gatiss, Imogen Poots, Rufus Sewell e Olivia Williams, e conta a historia dun galés octoxenario que vive con demencia.
The Father estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 27 de xaneiro de 2020 e foi distribuído por Sony Pictures Classics nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de febreiro de 2021, nos de Francia o 26 de maio de 2021 por UGC Distribution, e nos do Reino Unido o 11 de xuño de 2021 por Lionsgate UK. O filme recadou 28 millóns de dólares sobre un orzamento de 6 millóns, e foi aclamado pola crítica, que eloxiou as actuacións de Hopkins e Colman, así como os valores de produción e a representación da demencia.
Na 93ª edición dos Óscar, Hopkins gañou o premio ó mellor actor e Zeller e Hampton gañaron o premio de mellor guión adaptado; o filme recibiu un total de seis nomeamentos, entre eles o de mellor filme e mellor actriz secundaria (Colman).
Personaxes Anthony Hopkins as Anthony Olivia Colman as Anne Rufus Sewell as Paul Imogen Poots as Laura Olivia Williams as The Woman Mark Gatiss as The Man Ayesha Dharker as Dr Sarai
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Florian Zeller Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre alzhéimer