Love é unha banda estadounidense de rock formada nos Ánxeles o ano 1965. Liderado por Arthur Lee, o seu principal compositor, foi un dos primeiros grupos de rock estadounidenses racialmente diversos. O seu son incorporaba un ecléctico rango de estilos como garage, folk-rock, blues, jazz, e psicodelia. Aínda que conseguiron só un éxito moderado nas listas de éxitos, chegando en 1966 ao Top 40 co tema "7 and 7 Is", Love chegou a ser lobado por críticos de todo o mundo cando o seu terceiro álbum, Forever Changes (1967), sendo considerado un dos mellores discos dos anos 60.
Considérase que a formación clásica da banda iestaba composta polo líder Lee, o guitarrista/vocalista Bryan MacLean, o baixista Ken Forssi, o guitarrista Johnny Echols, e o batería Alban "Snoopy" Pfisterer. En 1968 só quedaba Lee na banda, que continuou gravando como Love con outros músicos durante os anos 70. MacLean e Forssi morreron en 1998. Lee morreu en 2006. Forever Changes foi engadido ao Registro Nacional de Gravacións da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos en 2011. En anos máis recentes o membro orixinal Johnny Echols xirou cos nomes de The Love Band ou Love Revisited.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloLove1966Elektra RecordsDa Capo1966Elektra RecordsForever Changes1967Elektra RecordsFour Sail1969Elektra RecordsOut Here1969Blue Thumb Records/HarvestFalse Start1970Blue Thumb RecordsReel to Real1974RSO Records, High Moon RecordsArthur Lee & Love1992New RoseFive String Serenade2001Last Call RecordsLove Lost2009SundazedBlack Beauty2012High Moon Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de acid rock Categoría:Grupos musicais de pop psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1965