O Museo Americano de Historia Natural, en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca.
As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.
Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano, e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.
O AMNH é unha organización privada.
A súa declaración de obxectivos é:
Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.
Historia O museo foi fundado en 1869. A fundación do museo realizou o soño do naturalista Albert S. Bickmore, alumno do zoólogo de Harvard Louis Agassiz, que meteu presión incansabelmente durante anos para o establecemento dun museo de historia natural en Nova York. A súa proposta, respaldada por poderosos patrocinadores, ganou o apoio do gobernador do estado de Nova York, John Thompson Hoffman, que asinou un proxecto de lei creando oficialmente o Museo Americano de Historia Natural o 6 de abril de 1869.
En 1909, científicos do museo realizaron unha reconstrución da mandíbula dun tiburón, pero os expertos modernos demostraron que era demasiado grande e que estaba baseada en presuncións incorrectas.
center|500px|miniatura|Debuxo da fachada sur da AMNH
Investigacións Áreas principais de investigacións e proxectos:
Antropoloxía Ciencias físicas Astrofísica Terra e Ciencias Planetarias Conservación da biodiversidade Xenoma Informática Invertebrados Paleontoloxía Zooloxía de vertebrados, incluíndo Mastozooloxía Ornitoloxía Herpetoloxía Ictioloxía
Cultura popular O Museo Americano de Historia Natural é o principal escenario da comedia estadounidense Night at the Museum (protagonizada por Ben Stiller), así como o da súa secuela Night at the Museum: Battle of the Smithsonian. O museo tamén é o escenario habitual nas novelas de Douglas Preston e Lincoln Child.
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Instituto Smithsoniano
Ligazóns externas American Museum of Natural History na ''Enciclopedia Británica AMNH American Museum of Natural History main website OLogy AMNH's site for kids devoted to the various kinds of studies AMNH Research department websites AMNH Informatics Department History of the AMNH Early history of the AMNH American Museum of Natural History at About.com Seminars on Science Online graduate science courses for educators Visitar el museo Información en español para a visita
Categoría:Museos de historia natural Categoría:Museos de Nova York Categoría:Manhattan Categoría:Arquitectura en Nova York Categoría:Ciencia