Cambrai é unha comuna e cidade francesa do departamento de Norte (do cal é unha subprefectura), na rexión Hauts-de-France. É un centro industrial nas beiras do río Escalda.

Xeografía Situada a unha altitude entre os 41 e os 101 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 18,12 km².EHESS (ed.). «Cambrai - Notice Communale».

Segundo o censo de 2019 tiña unha poboación de 32 176 habitantes, cunha densidade de poboación nese ano de 1776 hab./km2.

A cidade de Cambrai está situada no sur do departamento do Norte. Pertence á densa rede de cidades do Norte separadas por unhas poucas decenas de quilómetros: Douai está a só 24 km, Valenciennes a 29 km, e Arras a 36 km. A capital rexional, Lille, está a 52 km.Cambrai. Calcul de l'orthodromie.

Cambrai non está lonxe de varias capitais europeas: Bruxelas está a 108 km, París a 160 km e Londres a 280 km.

Demografía

Historia As súas orixes están na cidade romana de Camaracum. Foi capital dun reino franco de 445 a 509. Durante a Idade Media foi sé dunha importante arquidiocese. O territorio de Cambrai case coincidía co territorio histórico de Flandres, incluíndo grandes partes dos Países Baixos.

Desde o ano 1543 pertenceu á Casa de Habsburgo. Despois do Edicto perpetuo de 1577 pasou a mans francesas e, de novo, foi recuperada por Filipe II de España o 9 de outubro de 1595. Lois XIV incorporouna a Francia o 19 de abril de 1677, tras un asedio de 29 días na Guerra franco-neerlandesa.

Gozou dun carácter simbólico, e nela asináronse diferentes convencións ou alianzas:

Liga de Cambrai. Alianza de diferentes estados europeos contra Venecia, asinada o 10 de decembro de 1508. Paz de Cambrai, tamén chamada Paz das Damas, un tratado asinado entre Carlos I de España e Francisco I de Francia o 5 de agosto de 1529. Congreso de Cambrai. Negociacións a escala europea levadas a cabo entre 1721 e 1727.

Na primeira guerra mundial miniatura|esquerda|Cambrai destruída en 1919. Do 20 de novembro ao 17 de decembro de 1917, a cidade de Cambrai foi escenario da batalla de Cambrai, dentro da primeira guerra mundial, quedando practicamente destruída. Esta batalla destaca porque os tanques foron utilizados por primeira vez de forma regular. Unha segunda batalla tivo lugar na localidade do 8 ao 10 de outubro de 1918, como parte da ofensiva dos Cen Días. centro|miniatura|Praza do 9 de outubro.

Notas

Categoría:Cidades de Francia