Little Fires Everywhere é unha miniserie dramática estadounidense. Baséase na novela homónima de 2017 escrita por Celeste Ng. Estreouse en Hulu o 18 de marzo de 2020 e componse de oito episodios. Está protagonizada por Reese Witherspoon e Kerry Washington, sendo ámbalas dúas produtoras executivas, xunto con Liz Tigelaar, Lauren Neustadter e Pilar Savone. Ambientada no suburbio de Shaker Heights en Cleveland a finais da década de 1990, presenta a Witherspoon e Washington como nais con diferentes niveis socioeconómicos.
Sinopse Little Fires Everywhere segue "os destinos entrelazados da familia Richardson e unha nai e filla enigmáticas que cambian as súas vidas. A historia explora o peso dos segredos, a natureza da arte e a identidade, a feroz atracción da maternidade e o perigo de crer que seguir as regras pode evitar o desastre".
Personaxes Reese Witherspoon como Elena Richardson Kerry Washington como Mia Warren Joshua Jackson como Bill Richardson Rosemarie DeWitt como Linda McCullough Jade Pettyjohn como Lexie Richardson Lexi Underwood como Pearl Warren Megan Stott como Izzy Richardson Gavin Lewis como Moody Richardson Jordan Elsass como Trip Richardson
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990