Quercus dentata (en xaponés: カシワ; en chinés: 柞栎) é unha especie de árbore da familia das fagáceas, unha das numerosas incluídas no xénero Quercus.
Taxonomía Descrición Quercus dentata foi descrita por Carl Peter Thunberg, e publicada en Flora Japonica, . . . 177. 1784.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Quercus.
O epíteto específico, dentata, está tirado do latín, que significa "con dentes".En Epítetos Botánicos
Subespecies Quercus dentata subsp. dentata.Quercus dentata subsp. stewardii (Rehder) A.Camus (1938).Quercus dentata subsp. yunnanensis (Franch.) Menitsky (1973).
Sinónimos Quercus dentata subsp. eudentata A.Camus (1938), nom. inval.Quercus dentata var. laciniata Makino (1928).Quercus dentata var. pinnatiloba Makino (1928).Quercus dentata en PlantList
Distribución É nativa do Xapón, Corea e a China.
Características É unha árbore de folla caduca que alcanza os 25 m de altura cun tronco de 1 m de diámetro.
A súa follaxe é notábel para o seu tamaño, entre os máis grandes de todos os carballos, consiste nun pecíolo curto, de 1-1,5 cm e follas de 10-40 cm de longo e 15-30 cm de ancho, con bordos lobulados. As follas mortas a miúdo se conservan na árbore durante o inverno.
A floración prodúcese en maio, crecendo na extremidade dos novos talos. Produce landras que maduran en setembro-outubro.
Foi introducida en Inglaterra en 1830, onde crece en xardíns botánicos.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Phillips, R. (1978). Trees in Britain, Europe and North America. Ward Lock. Mitchell, A. F. (1974). Field Guide to Trees in Britain and Europe. Collins. Lancaster, R. (1981). Hillier's Manual of Trees & Shrubs, 5th ed. Hillier and Sons.
Outros artigos Quercus''
Ligazóns externas Flora of China: Quercus dentata Chênes: Quercus dentata
Categoría:Quercus Categoría:Flora da China Categoría:Flora do Xapón Categoría:Plantas descritas en 1784