3 centavos de dólar de prata Tipo 1 (1851-1853) "3 Cents type 1". Numista.com219x219pxA/: Escudo nunha estrela de seis puntas. Data. Lenda: UNITED STATES OF AMERICAR/: Valor facial en números romanos dentro dun C estilizado. Arredor, 13 estrelas. Lenda: III C Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca) e Nova Orleáns (O). Gravador: James Barton Longacre. Aliaxe: prata (75 %) e cobre (25 %). Diámetro: 14,00 mm. Peso: 0,80 g. Canto: liso.
A moeda de 3 centavos de dólar de prata, foi unha moeda emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada en prata nas cecas de Filadelfia e de Nova Orleáns entre 1851 e 1873, co valor facial de 3 centavos.
O autor do seu deseño foi o gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, James B. Longacre.
Como consecuencia da masiva produción de ouro durante a febre do ouro de California, a prata podía cambiarse por cantidades cada vez maiores de ouro, polo que as moedas de prata abandonaron a circulación e acabaron acaparadas pola poboación, enviadas ao exterior ou fundidas. Deste xeito, a actividade do comercio cotián dificultábase, ao non disporse de moeda miúda para as voltas. Neste contexto, o Congreso autorizou a creación dunha nova moeda de prata de 3 centavos cuñada en prata de 750 milésimas, no canto da habitual de 900 milésimas, para causar na poboación a idea de que se trataba dunha boa moeda e, ao mesmo tempo, desalentar o seu acaparamento. Para escoller o valor de 3 centavos contribuíu a baixa das tarifas postais, de 5 centavos a 3 centavos, o que faría máis útil a nova moeda.
Os 3 centavos de prata tiveron un bo acollemento e un uso xeneralizado nos primeiros anos, mais a volta á circulación doutros valores pequenos fixo que se fose utilizando menos, e o caos económico ocasionado pola guerra civil estadounidense, que provocou un novo acaparamento da moeda de prata, fixo que perdese o seu papel no comercio. A partir de 1865 conviviu con outra moeda do mesmo valor, aínda que cuñada en cuproníquel e, mentres que esta última tiña unha produción anual abundante, as tiraxes dos 3 centavos de prata foron decrecendo progresivamente ata que foi cancelada pola Lei da Moeda de 1873.
Antecedentes Aínda que a Casa da Moeda dos Estados Unidos cuñaba moedas de prata desde 1790, estas non sempre se mantiñan en circulación, por mor das flutuacións do prezo do metal. En 1834, por exemplo, as moedas de medio dólar vendíanse no mercado cunha prima do un por cento. O país estaba naquela época un padrón bimetálico e, aínda que o Congreso sobrevalorara lixeiramente a prata con respecto ao ouro, entraba unha cantidade suficiente de prata procedente de México como para producir un equilibrio aproximado.Taxay, D. (1983) . Páxinas 217-218.
A principios de 1849, a maioría das moedas de prata en circulación nos Estados Unidos eran pequenas moedas do sistema do real español, que recibían as denominacións coloquiais de levy —a moeda dun real— e fip —a de medio real—.Levy e fip eran denominacións populares baseadas no valor que tiñan estas moedas en relación coas usadas en Pensilvania do sistema británico: once peniques a primeira (eleven > levy) e cinco peniques e medio a segunda (five pence > fip). Véxase Taxay, D. (1983) . Páxina 217. Nota 3.Kraft, J. "Language and the Successful Circulation of Money in the United States ". American Numismatic Society. Estas moedas utilizábanse no Leste do país cunha equivalencia, respectivamente, de 12 e de 6 centavos de dólar. A Casa da Moeda dos Estados Unidos aceptábaas a cambio dunha cantidade lixeiramente inferior e, mesmo así, perdía diñeiro debido a que moitas destas moedas presentaban tanto desgaste que o seu peso se alixeiraba. Os valores pouco comúns destas moedas españolas resultaban moi cómodos para o seu uso, xa que permitían o pagamento e o cambio sen necesidade de utilizar as moedas dun centavo de dólar, que daquela eran de cobre e incómodas polo seu gran tamaño e peso, e ademais non eran aceptadas polo Goberno pola súa carencia de metal precioso. No Vello Oeste, o levy e o flip eran aceptados como equivalentes das moedas de 10 centavos (dime) e de cinco centavos (half dime) de prata, aínda que as moedas españolas contiñan máis prata ca esas.Carothers, N. (1930). Páxinas 102-105.
Os achados da febre do ouro de California e doutros lugares chegaron ao Leste dos Estados Unidos en grandes cantidades a partir de 1848. O ano seguinte, o prezo do ouro en relación á prata baixou, o que facía rendible exportar as moedas de prata en circulación ou vendelas ao peso e utilizar o pagamento en ouro para comprar novas moedas. En consecuencia, as moedas de prata desapareceron da circulación, polo que a moeda de maior que se mantiña en uso, por debaixo da de 2½ dólares de ouro, era o incómodo centavo de bronce. Mediante a Lei da Moeda do 3 de marzo de 1849, o Congreso autorizou a creación do dólar e ouro para reducir esta fenda. As moedas españolas de prata constituían o groso do que o pequeno comercio dispuña para os seus pagamentos e as súas voltas, aínda que o seu xeneralizado desgaste provocaba que, en ocasións, non se chagase a un acordo sobre o valor que se lles debía asignar, pola súa perda de valor intrínseco.
Inicio miniatura|O senador Daniel Dickinson promotor da creación da moeda de prata de 3 centavos. En 1850, o senador por Nova York Daniel S. Dickinson presentou un proxecto de lei para a creación dunha moeda de prata de 3 centavos cunha pureza de 750 milésimas, é cicir tres partes de prata por unha de cobre —as moedas de prata estadounidenses da época eran de 900 milésimas—. Dickinson propuña ofrecela a cambio da moeda de prata española, que se valoraría en oito reais por cada dólar, un cambio lixeiramente superior ao vixente no momento. A nova moeda pesaría tres décimas partes da moeda de 10 centavos, mais a degradación da prata compensaría ao Goberno polas perdas que sufriría ao trocar moedas españolas gastadas e de peso minguado. O valor facial de 3 centavos elixiuse, entre outros factores, porque coordinaba ben cos valores de 6 e de 12 centavos que se lles asignaban adoito ao fip e ao levy.
En cambio, a Cámara de Representantes valorou a posibilidade de lexislar para reducir a valoración das moedas españolas a dez centavos por real e, en consecuencia, cuñar unha moeda de 20 centavos de dólar, de 900 milésimas de prata, para facilitar as voltas. O investigador Neil Carothers, no seu libro sobre a historia da moeda miúda dos Estados Unidos, postula que se o plan da Cámara de Representantes saíse adiante, tería ocasionado que as moedas españolas seguisen en circulación e a que as moedas de 20 centavos fosen acaparadas ou fundidas. Finalmente, en 1850 non se aprobou lexislación de ningún tipo sobre este asunto, o que supuxo que a exportación da moeda de prata continuase.Carothers, N. (1930). Páxinas 106-107.
O pulo para a aprobación dunha moeda de prata de 3 centavos produciuse cando o Congreso, en xaneiro de 1851, iniciou os estudos para unha redución das taxas de franqueo de 5 a 3 centavos. En 1849, o presidente da Comisión de Medios e Arbitrios da Cámara de Representantes, Samuel Vinton, escribiulle ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert M. Patterson, para o informar de que a súa comisión estaba a considerar a redución da taxa de franqueo a 3 centavos e a conseguinte creación dunha moeda de prata por ese valor. Malia non adoptarse ningunha medida lexislativa, Patterson encargoulle aos funcionarios da Ceca de Filadelfia que fosen preparando probas experimentais.Flynn, K.; Zack, W. (2010). Páxina 7. A comisión da Cámara de Representantes que propuxo o proxecto de lei incluíu a moeda de 3 centavos concibida por Dickinson e dispuxo que tivese curso legal ata a cantidade de 30 centavos. Cando este proxecto de lei se debateu na cámara o 13 de xaneiro de 1851, o congresista por Nova York William Duer indicou que, na súa opinión tanto a moeda como o selo de correos deberían ter un valor facial de 21⁄2 centavos, e o seu colega Orsamus Matteson, tamén de Nova York, propuxo unha emenda nese sentido. A emenda fracasou, do mesmo xeito que outros intentos de modificar o proxecto de lei, que finalmente foi aprobado por ambas as Cámaras e converteuse en lei o 3 de marzo de 1851, coa sinatura do presidente Millard Fillmore.Taxay, D. (1983) . Páxinas 218-219.Carothers, N. (1930). Páxinas 107-108.Julian, R. W. (1998). "The Trime of Our Lives". En Coins. Xullo. Krause Publications. Páxinas 52–54.
Carothers salientou o procedente desta norma, a primeira nos Estados Unidos en autorizar unha moeda de prata que contiña unha cantidade de metal cuxo valor era sensiblemente inferior ao seu valor nominal:Carothers, N. (1930). Páxina 108.
Preparación miniatura|222x222px|Proba non adoptada dos 3 centavos de prata (1850), deseñada por Franklin Peale. Os traballadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos non só prepararon probas para a nova moeda en 1849, senón que seguiron facéndoo o ano seguinte, antes da aprobación da lei que a aprobaba. A cuestión derivou nun conflito constante entre o cuñador xefe da ceca, Franklin Peale, e o gravador xefe, James B. Longacre, que prepararon senllos cuños. Peale elaborou unha proposta co barrete frixio ou gorra da liberdade no anverso, baseada nun deseño de 1836 do predecesor de Longacre no cargo, Christian Gobrecht. Pola súa banda, Longacre presentou un deseño moi similar ao que finalmente prosperou.
O 2 de marzo de 1851, un día antes de que se aprobase a lei, Longacre, co reticente consentimento do director Patterson —partidario de Peale— envioulle ao secretario do Tesouro, Thomas Corwin, probas cuñadas da súa proposta de moeda de 3 centavos, xunto cun escrito no que se explicaba a súa simboloxía. Patterson prefería o deseño de Peale, aínda que recomendou a proposta de Longacre porque, ao ter menos relevo, sería menos problemática para a cuñaxe.Breen, W. (1988). Páxina 271. Nunha carta a Corwin do 7 de marzo, Patterson indicaba que se a moeda de 3 centavos se cuñase en prata de 900 milésimas acabaría sendo acaparada, pero como a prata das pezas de 750 milésimas só valía 2,5 centavos, a Casa da Moeda sairía beneficiada mediante a señoriaxe —a diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da súa produción—. Patterson tamén suxeriu que a Ceca de Nova Orleáns podería utilizarse para a cuñaxe da nova moeda, ademais da Ceca de Filadelfia, que era a principal.
Malia a disposición da Lei da Moeda de 1837 que lle encomendaba a Longacre, en virtude do cargo que ocupaba, a responsabilidade da preparación dos cuños, Peale preparou os seus propios e cuñou algúns exemplares de mostra. O director Patterson envioulle ao secretario Corwin tanto as probas de Peale como as de Longacre o día 25 de marzo de 1851, coa recomendación de que seleccionase a do gravador xefe. Ao día seguinte, o secretario do Tesouro en funcións, William L. Hodge, aprobou finalmente o deseño de Longacre.Taxay, D. (1983) . Páxinas 219-220. Coñecedor de que existía unha gran demanda da nova moeda, Patterson pensou que sería mellor acumular unhas existencias de medio millón de exemplares antes de comezar a súa distribución.Carothers, N. (1930). Páxina 109.
Deseño O historiador da arte Cornelius Vermeule, no seu libro sobre as moedas e as medallas estadounidenses, considera que a moeda de prata de 3 centavos era unha das moedas máis feas do país, aínda tendo "o trazo redentor da súa delicada factura".Vermeule, C. (1971). Páxina 191. Pola súa banda, Dennis Tucker, director da editorial Whitman, describiu en 2016 esta moeda como "algo así como unha 'Sarah plana e pequena'".Roach, S. (2016). "Which U.S. coin is the ugliest? Collectors weigh in ". En Coin World. 15 de xullo. O Congreso esixira, na lei que autorizaba a moeda, que esta amosase un deseño diferente tanto do dólar de ouro como do resto de moedas de prata.Bureau of the Mint (1904). Páxina 38. Como escribiu Longacre na súa carta ao secretario Corwin o 2 de marzo de 1851:Flynn, K.; Zack, W. (2010). Páxina 55.