3 centavos de níquel "3 Cents "Three Cent Nickel"". Numista.com226x226pxA/: Cabeza da Liberdade coroada cara á esquerda. Data. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY (na coroa)R/: Valor facial en números romanos dentro dunha coroa de loureiro. Lenda: III Datas: 1865-1889 Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: James Barton Longacre. Aliaxe: cuproníquel: cobre (75 %) e níquel (25 %). Diámetro: 17,90 mm. Peso: 1,94 g. Grosor: 1,15 mm. Canto: liso.

A moeda de níquel de 3 centavos de dólar estadounidense é unha moeda dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada en cuproníquel na Ceca de Filadelfia entre 1865 e 1889, en substitución doutra anterior, co mesmo valor facial, cuñada en prata.

O seu deseñador foi o daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos EEUU, James B. Longacre.

O atesouramento das moedas federais de metais nobres por parte da poboación durante a axitación económica provocada pola guerra civil estadounidense, entre as que se atopaba a anterior de 3 centavos de prata, provocou unha falta de moeda miúda en circulación. Ante isto, o Goberno federal emitiu papel moeda de valores faciais baixos para permitir as pequenas transaccións comerciais, que non gozaron dun bo acollemento popular. Logo da emisión en 1864 dun centavo de bronce máis lixeiro que o anterior e dunha nova moeda de 2 centavos, tamén de bronce, que circularon libremente, propúxose tamén a creación dunha moeda de 3 centavos de cuproníquel. Os seus defensores estaban encabezados polo industrial de Pensilvania Joseph Wharton, que daquela controlaba a subministración nacional da minaría de níquel. O 3 de marzo de 1865 presentouse un proxecto de lei no Congreso para a creación desta moeda, que foi aprobado por ambas as cámaras e asinado polo presidente Abraham Lincoln.

A moeda de 3 centavos de cuproníquel circulou con axilidade nos seus inicios, mais foi perdendo popularidade logo da introdución en 1866 dunha nova moeda de 5 centavos feita na mesma aliaxe de níquel; unha moeda máis atractiva polo seu maior tamaño e que se axustaba mellor ao imperante sistema decimal. Despois de 1870, as tiraxes da moeda de 3 centavos foron baixas a maioría dos anos, e en 1890 a súa emisión acabou sendo cancelada polo Congreso. A derradeira serie cuñouse con data de 1889, aínda que moitos destes exemplares acabaron sendo novamente fundidos, para cuñar con ese metal novas moedas de 5 centavos.

Antecedentes miniatura|234x234px|A moeda de 3 centavos de prata comezou a cuñarse en 1851."3 Cents type 1". Numista.com A grande afluencia de metal precioso procedente da febre do ouro de California e doutros achados fixo que o prezo da prata en relación ao do ouro aumentase en 1848, polo que as moedas de prata se atesouraban ou se exportaban para as fundir. En 1851, o senador por Nova York Daniel S. Dickinson presentou no Congreso un proxecto de lei para a creación dunha moda de 3 centavos de dólar cun 75 % de prata e un 25 % de cobre, en paralelo á rebaixa das tarifas postais de 5 centavos a 3 centavos. Esta pureza da prata era inferior á do 90 % habitual nas moedas que circulaban na época do acaparamento. Por outra parte, a moeda dun centavo de bronce grande non circulaba na costa do Pacífico nin no Sur, por mor dos prexuízos que había nesas zonas contra as moedas que carecían de metal precioso na súa composición. Nesta conxuntura, cumpría algún mecanismo que permitise a compra dun selo postal sen recorrer ás moedas dun centavo.Breen, W. (1988). Páxina 271. O proxecto de lei de Dickinson aprobouse o 3 de marzo de 1851 e, ademais de autorizar a moeda de prata de 3 centavos, reduciu a ese prezo as tarifas da maior parte dos correos no país.Goldstein, B. C. (2011). Páxina 4. En 1854, o desequilibrio diminuíra, polo que o Congreso aumentou o contido en prata daquela moeda ata o 90 % habitual, aínda que se reduciu o seu peso.Breen, W. (1988). Páxina 272.

Os grandes centavos foron substituídos en 1859 por outros máis pequenos, producidos cun 88% de cobre e un 12 % de níquel.Breen, W. (1988). Páxinas 215-216. En 1861 comezou a guerra civil estadounidense e, cando fracasaron os esforzos para financiar a guerra mediante préstamos, o Tesouro deixou de pagar en ouro, en decembro dese ano. O país pasou a unha economía baseada no papel moeda, sen apenas alteracións. En xuño de 1862, o prezo da prata subira ata o punto de que as moedas dese metal desapareceron da circulación, e moitas delas foron exportadas ao Canadá, onde se aceptaban na circulación e podían cambiarse por ouro. Esa saída das moedas de baixo valor foi moito máis perturbadora para o comercio que a desaparición das moedas de ouro de altos valores faciais, e os cambios nas transaccións cotiás pasou a facerse mediante improvisacións moi variadas. Entre elas estaba a emisión de moeda miúda propia por parte dalgunhas empresas e mesmo cidades, así como o uso de selos de correos encapsulados. O Goberno federal emitiu tamén papel moeda de valores baixos, entre eles o de 3 centavos. Na costa do Pacífico, onde o papel moeda non se aceptaba de bo grado, a prata e o ouro seguían a circular.Carothers, N. (1930). Páxinas 151-185. miniatura|260x260px|A moeda de 2 centavos de bronce creouse pola Lei da Moeda de 1864, do 22 de abril."2 Cents "Union Shield"". Numista.com Dado que os billetes de moeda fraccionaria co valor de 3 centavos non apareceron ata 1864, o centavo pequeno de cuproníquel era o único medio de pagamento daquela dispoñible para as voltas do billete de 5 centavos. A moeda dun centavo mesmo chegaba a venderse cunha prima do 4 % cando se vendía en lotes, e a Casa da Moeda intentaba manter o ritmo da demanda limitando as compras públicas de centavos a cinco dólares, e evitando os envíos ás grandes cidades. Malia estes intentos, o director da Casa da Moeda, James Pollock, indicaba nos seus informes anuais que era difícil manter os centavos na circulación, ao seren acaparados, a pesar de que o valor do seu metal seguía a estar por baixo do seu valor nominal. O numismático Neil Carothers sostén que a moedas dun centavo foron apartadas da circulación pola poboación por seren a única moeda metálica federal daquela en uso, nun momento en que a xente se vía na obriga de aceptar uns febles anacos de papel no canto de prata e de ouro.Carothers, N. (1930). Páxinas 186-192.

Tendo en conta que as moedas dun centavo pequeno de cuproníquel se vendían a prezos elevados en 1863, emitíronse numerosas fichas privadas que se utilizaban en lugar deles no comercio. Os funcionarios da Casa da Moeda decatáronse de que as fichas, moitas delas feitas de bronce no canto da aliaxe de acobre e níquel que se utilizaba daquela no centavo, non se atesouraban, polo que consideraron a posibilidade de comezar a emitir moedas de bronce. Cando Pollock presentou unha proposta para a creación de moedas de bronce de 1, de 2 e de 3 centavos, opúxose o industrial Joseph Wharton, propietario da principal mina subministradora de níquel aos Estados Unidos, en Gap, Pensilvania.Taxay, D. (1983) . Páxinas 240-242 O proxecto de Pollock, tal e como se presentou, prevía moedas de bronce de 1 e de 2 centavos, ao que Wharton se opuxo. Segundo Carothers:Carothers, N. (1930). Páxina 198.

A Lei da Moeda de 1864 foi aprobada o 22 de abril. Logo de estaren en circulación durante varios meses as novas moedas de 1 e de 2 centavos de bronce, conseguiuse que non fosen atesouradas pola poboación.Taxay, D. (1983) . Páxina 243. A aliaxe de bronce era máis doada de cuñar que a de cobre e níquel, o que permitía resaltar mellor os detalles e prolongar a vida útil dos cuños.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 13.

Proceso lexislativo Xa que logo, o níquel, antes utilizado no na moeda dun centavo, deixou de ter presenza na moeda dos Estados Unidos, o cal non satisfacía en absoluto a Wharton, que procuraba o seu regreso. Aínda que Pollock non mencionou a posibilidade de cuñar máis níquel no seu informe anual de 1864, Wharton publicou en abril dese ano un folleto no que propuña que todas as moedas de metais non preciosos estivesen compostas por un 75 % de cobre e un 25 % de níquel. Os antigos centavos de cuproníquel contiñan so un 12 % de níquel, e aínda así a Casa da Moeda tivera dificultades para a súa cuñaxe por mor da dureza da aliaxe, cuxo uso danaba demasiado pronto os cuños. A aliaxe co 25 % de níquel que propuña Wharton resultaría aínda máis difícil de cuñar, mais este defendía a súa postura argumentando que tamén sería máis difícil de falsificar.Carothers, N. (1930). Páxina 201. miniatura|300x300px|Billete de "moeda fraccionaria" de 3 centavos (1863)."United States of America. 3 Cents. 1863". Banknote.ws O Congreso autorizara, a través da Lei da Moeda de 1863, do 3 de marzo, a emisión de billetes de moeda fraccionaria de 3 centavos. Cando estes billetes chegaron á circulación o ano seguinte, resultaron moi impopulares. A Lei de 1864 que instaurara o bronce no canto do cuproníquel tamén prohibira as emisións de fichas privadas. Estas seguiron a producirse, aínda que de xeito anónimo, e seguían a ser preferidas aos billetes, que ao pouco tempo adquiriran un aspecto luxado e esfarrapado, o que aumentou a súa impopularidade. Segundo Walter Breen, "este era o momento que Wharton estaba a esperar".Breen, W. (1988). Páxina 242. Wharton e os seus seguidores argumentaron que os billetes de 3 centavos debían ser trocados por moedas equivalentes e sostiveron que se o Congreso ordenaba a creación dunha moeda de bronce de 3 centavos esa moeda tería que ser tan grande como o obsoleto centavo, que podería ser utilizada para enganar os cegos, dándolla no canto da de 3 centavos.Goldstein, B. C. (2011). Páxina 18. Pollock, que anteriormente se opuxera á cuñaxe con níquel, cambiou de opinión a pasou a ser partidario del.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 14.

Hai varios relatos lixeiramente diferentes acerca do motivo polo que se aprobou o proxecto de lei que creou a moeda de cuproníquel de 3 centavos. Breen conta que os defensores do níquel fixeron presión ao presidente da Comisión da Moeda da Cámara de Representantes, John Adam Kasson, e que finalmente o convenceron de que mesmo as moedas cun 25 % de níquel —co conseguinte problema de produción, pola súa dureza—sería mellor que seguir a utilizar os billetes de moeda fraccionaria dese valor. Estes seguidores de Wharton presentaron un proxecto de lei para unha moeda de 3 centavos con tal aliaxe, que non cancelaba a anterior moeda de 3 centavos de prata, que aínda estaba en circulación oficialmente e mesmo se seguía a cuñar, aínda que en cantidades moi pequenas. As novas moedas de 3 centavos emitiríanse, consonte este proxecto de lei, para trocarse polos billetes de moeda fraccionaria do mesmo valor, cuxa impresión foi detida por orde da Casa da Moeda.Carothers, N. (1930). Páxina 302. miniatura|282x282px|Abraham Lincoln xurou o seu segundo mandato como presidente só uns minutos despois de asinar a lei que autorizaba a moeda de 3 centavos de níquel.Harper's Weekly. Vol. 9. 18 de marzo de 1865. Páxina 161. O proxecto de lei foi aprobado pola Cámara de Representantes na noite do 3 de marzo de 1865 e polo Senado na mañá seguinte, o 4 de marzo, e finalmente foi aprobado polo presidente Abraham Lincoln, para o converter en lei, no derradeiro día do seu primeiro mandato como presidente dos Estados Unidos.Greenbaum, G. M. (2015). Páxina 25.