O río Valcarce nace a 1.350 m de altitude en Pedrafita do Cebreiro, moi preto da raia coa provincia de León. Ten unha lonxitude de 29 quilómetros.
Percorrido Nace no Chao da Poza, entre as parroquias de Santo Antón de Pedrafita do Cebreiro e de Santa María do Cebreiro. Entra no Bierzo polo concello da Veiga de Valcarce. Nos primeiros nove quilómetros, até a aldea das Ferrarías, recibe o nome de río das Lamas. Logo atravesa o municipio de Trabadelo e chega a Vilafranca do Bierzo, onde desemboca no río Burbia.
O curso do río Valcarce é paralelo ao trazado da autovía A-6 entre o porto de Pedrafita e Vilafranca.
Notas
Véxase tamén
Valcarce Valcarce