Emerson, Lake & Palmer foi un supergrupo inglés de rock progresivo formado en Londres en abril de 1970. A banda estaba composta por Keith Emerson (teclados), Greg Lake (voces, baixo, guitarra e produtor) e Carl Palmer (batería e percusión). Con nove discos de ouro certificados pola RIAA nos Estados Unidos, e unhas vendas estimadas de 48 millóns de discos en todo o mundo, foi unha das bandas de rock progresivo máis populares e exitosas comercialmente dos anos 70, cun son que incluía adaptacións de música clásica con jazz e elementos do rock sinfónico, dominado polo uso extravagante por parte de Emerson do órgano Hammond, o sintetizador Moog, e o piano (aínda que Lake compuxo varios temas acústicos para o grupo).
A banda fíxose famosa tras a súa actuación no Festival da Illa de Wight en agosto de 1970. No seu primeiro ano o grupo fichou por E.G. Records (que distribuía dos discos da banda a través de Island Records no Reino Unido e de Atlantic Records en América do Norte), e publicou Emerson, Lake & Palmer (1970) e Tarkus (1971), acadando ámbolos dous o top 5 británico. O éxito da banda continuou con Pictures at an Exhibition (1971), Trilogy (1972), e Brain Salad Surgery (1973, editado a través do porpio selo do grupo, Manticore Records). Tras unha pausa de tres anos, Emerson, Lake & Palmer publicou Works Volume 1 (1977) e Works Volume 2 (1977). Tras Love Beach (1978), o grupo separaríase en 1979.
O grupo reformouse parcialmente nos anos 80 como Emerson, Lake & Powell con Cozy Powell no lugar de Palmer, que nese momento era membro de Asia. Robert Berry entón substituíu a Lake cando Palmer regresou, formando 3. En 1991, o trío orixinal reformouse e publicou dous álbums máis, Black Moon (1992) e In the Hot Seat (1994), xirando varias veces entre 1992 e 1998. A súa derradeira actuación foi no ano 2010 no High Voltage Festival en Londres para celebrar o 40 aniversario da banda. Tanto Emerson como Lake morreron en 2016, deixando a Palmer como único membro supervivente.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloEmerson, Lake & Palmer1970Island RecordsTarkus1971Island RecordsTrilogy1992Island RecordsBrain Salad Surgery1973Manticore RecordsWorks Volume 11977Atlantic RecordsWorks Volume 21977Atlantic RecordsLove Beach1978Atlantic RecordsEmerson, Lake & Powell1986PolydorTo the Power of Three1988Geffen RecordsBlack Moon1992Victory RecordsIn the Hot Seat1994Victory Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Supergrupos Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais formados en 1970