Édouard Ménétries, nado en París o 2 de outubro de 1802 e finado en San Petersburgo o 10 de abril de 1861, foi un zoólogo francés especializado en entomoloxía e herpetoloxía.
Traxectoria Foi alumno de Georges Cuvier e Pierre André Latreille. Por recomendación destas, foi elixido como zoólogo nunha expedición rusa ao Brasil en 1822, dirixida polo barón von Langsdorff. Ao seu regreso foi nomeado conservador da Colección Zoolóxica de San Petersburgo. En 1829 foi enviado polo tsar nunha viaxe exploratoria ao Cáucaso.Eduard Menetries en Colepóteros.
Ménétries foi unha autoridade sobre lepidópteros e coleópteros, pero tamén traballou noutras ordes. A maioría das súas especies nomeadas por el son de Rusia e Siberia, pero no museo puido estudar insectos doutras partes do mundo. Dúas das súas coleccións foron as realizadas durante as expedicións de Alexander von Middendorf e Leopold von Schrenck a California e Alasca, así como a Siberia. A súa colección está no Museo da Academia de San Petersburgo.
No campo da herpetoloxía describiu varias especies novas de réptiles e anfibios.
Ao longo da súa traxectoria realizou máis de trinta publicacións referidas á súa profesión.
Abreviatura A abreviatura Ménétries emprégase para indicar a Édouard Ménétries como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Entomólogos Categoría:Nados en 1802 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1861